Os animadores e animadoras dos centros xuvenís da Federación Don Bosco queremos seguir aportando o noso traballo voluntario adaptándonos á situación actual, en contra do aburrimento e tratando de levar o mellor posible este confinamento. 

Por elo imos a publicar nesta web e nas webs dos 5 centros xuvenís  propostas de actividades diarias para facer na casa. Dividímolas en 3 áreas:

  • Móvete!  (xincanas, actividades deportivas, videoxogos, baile,...)
  • Crea!  (obradoiros, xogos de mesa, receitas,...)
  • Respira!   (lecturas, reflexións, para manter esperta a cabeza e o corazón)

Tamén teremos algunha proposta online para mozos que iremos desvelando pouco a pouco.

Seguimos á vosa disposición no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Anímate a participar!

Ler máis...

 

  • Móvete!  (xincanas, actividades deportivas, videoxogos, baile,...)
  • Crea!  (obradoiros, xogos de mesa, receitas,...)
  • Respira!   (lecturas, reflexións, para manter esperta a cabeza e o corazón)

 

Ler máis...

En Galicia temos moito que ensinar. Dende a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia queremos amosar todas as singularidades que ten a nosa terra ao mundo enteiro. Buscamos fotos que só poidan darse no Camiño de Santiago, ou sexan características da mesma. Pode ser unha paisaxe, unha crítica, unha romería, un costume, un trebello,.... Para participar no concurso simplemente deberás etiquetar na foto á Federación Don Bosco. Podes participar tanto mediante Facebook ou Instagram (@fedboscogal)

Ler máis...

Vistos os acontecementos e que a carentena seguirá ata despois da Semana Santa, decidimos desconvocar os encuentros pascuais previstos. Aínda con todo, lanzamos unha iniciativa que pode ser fermosa; trátase dunha iPascua, para vivir e celebrar desde casa. Están convidados mozos e mozas, familias e adultos, cada quen poderá participar ao seu nivel; e o que será máis enriquecedor: recuperar a “Igrexa doméstica” como primeira comunidade.

 

Datas
Os encontros de Pascua se celebran entre o Xoves Santo e o Domingo de Resurrección. Este ano, entre os días 9 e 12 de abril.

 

O modo de participar
O modo de participación terá dúas modalidades: personalmente ou como familia. E para elo, contaremos cun triple menú:
• Un está pensado para nenos e as súas familias.
• Outro para mozos emozas entre os 16-19 anos.
• Outro para mozos e mozas de máis de 20 anos, e adultos.
Como veredes, haberá unha proposta de reflexión-oración-celebración diaria. Non se trata de facer moitas cousas; senon de vivir estes días con ledicia e esperanza. Do que ofrecemos, fai o que che resulte mellor; nin pouco nin moito... o que vexas oportuno, e sexa necesario para ti.

 

A proposta diaria
Aínda que o ritmo o marcarás ti; distribuimos o menú nun ritmo de mañá e de tarde, para que sexa fácil facelo sen fatiga e con orde. Cada quen, poderá seguilo desde un PC, tablet o móbil.


As cousas que atoparás diariamente son:
1. Unha presentación en vídeo do día. Nela atopará as claves para vivir e celebralo.
2. O momento de oración pola mañá a través dun breve texto, unha canción ou unha imaxe.
3. Unha reflexión diaria e a súa concreción para a nosa vida de crentes. Para os nenos, esta reflexión, cambiarase por unha actividade creativa para realizar en familia.
4. Un tempo de tranquilidade para orar e pechar a mañá. Neste momento proporémosche un xesto-acción que poderás levar a cabo ao longo da xornada.
5. Un tempo de grupos on-line, para os que desexen compartir con outros a súa reflexión e as súas preguntas. Este tempo estará moderado por un animador para cada grupo de 10 persoas.
6. A celebración será o momento culmen do día, en que sintamos en comuñón entre nós e con toda a Igrexa.
7. "En intimidade" será o tempo final de cada xornada. Talvez, a noite sexa o momento para a confidencia, a súplica e o agradecemento a Deus polo día que nos acaba de conceder e polo tempo de graza que nos ofrece.
8. "O Muro" será un espazo virtual onde quen queira poderá escribir unha breve reflexión ou compartir a súa oración. Será bonito orar con tantos bos sentimentos e pensamentos de todos nós.


Inscricións
A fin de organizarnos, pedímosvos que vos rexistredes no seguinte formulario para poder atendervos mellor e ter unha canle aberta de comunicación permanente. Aquí tedes o link para facelo:


https://forms.gle/xXnWqa7Co6wJVeSN6


Mais info

https://sites.google.com/salesianos.es/ipascua2020

A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco, en colaboración coa Xunta de Galicia Xacobeo 2021 presenta un novo concurso.

Convidamos aos nosos escritores e escritoras a participar nun novo concurso de contos hipercurtos: pedimos textos de 175 palabras como máximo. O conto debe xirar ao redor do Camiño de Santiago.

PRAZO DE PRESENTACIÓN HASTA O 1 DE FREBREIRO DE 2020

Aqui podes atopar as bases do concurso. Podes presentar o teu hipercurto conto por correo postal ou mediante esta ligazón:

 

 

 

Bases do concurso

1.    Poderán participar todas as persoas que o desexen.
2.    Estabelécense tres categorías; cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 1 de novembro do 2019:
    a)    nenos e nenas ata 13 anos;
    b)    mozos e mozas entre 14 e 30 anos;
    c)    maiores de 30 anos.
3.    Os hipercurtos contos estarán escritos en galego, serán orixinais e inéditos e terán unha extensión máxima de 175 palabras.
4.    A temática será o Camiño de Santiago.
5.    Os hipercurtos contos presentaranse:
    - mediante o formulario habilitado en fedboscogal.org   , ou
    - por correo postal, sen identificación, facendo constar o seu título. Acompañando a obra e     nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI). No exterior do sobre deberá estar  escrito o título do hipercurto conto entregado e a data de nacemento do autor ou autora.
6.    Cada autor ou autora poderá presentar o número de hipercurtos contos que desexe.
7.    Os hipercurtos presentados por correo postal deben ser entregados na secretaría técnica da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia (na rúa Belvís, nº 2; CP 15703, Compostela; tfno. 981 582 243), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 1 de febreiro de 2019, facendo constar no exterior do sobre ‘Concurso de hipercurtos contos’. O 24 de febreiro daranse a coñecer as persoas gañadoras.
8.    Os textos enviados ao concurso pasarán a ser propiedade da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
9.    Despois da elección dos textos gañadores, será publicado un caderno no que estes e outros textos, seleccionados entre todos os presentados, quedarán recollidos.
10.    Os premios quedan estabelecidos, por categorías, do seguinte xeito, para gastar en librerías:
    a)    70 €;
    b)    130 €;
    c)    100 €.
Haberá tamén un accésit de 60 € para a persoa membro da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia mellor clasificada.
11.    Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
12.    O xurado estará composto polos membros da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia que a comisión Galiza designe. A decisión do xurado será inapelábel.
13.    A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.