En Galicia temos moito que ensinar. Dende a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia queremos amosar todas as singularidades que ten a nosa terra ao mundo enteiro. Buscamos fotos que só poidan darse no Camiño de Santiago, ou sexan características da mesma. Pode ser unha paisaxe, unha crítica, unha romería, un costume, un trebello,.... Para participar no concurso simplemente deberás etiquetar na foto á Federación Don Bosco. Podes participar tanto mediante Facebook ou Instagram (@fedboscogal)

Bases do 

 

1_O concurso desenvólvese na canle de Instagram de Federación Don Bosco(@fedboscogal), e na canle de Facebook (/fedboscogal)

2_Para participar, calquera usuario pode subir ao seu perfil de Instagram ou Facebook co hashtag #fotosdenoso unha fotografía que mellor exprese o motivo do concurso, situacións que só se dan no Camiño de Santiago; mencionar á Federación Don Bosco e ser seguidor desta conta.

3_Entre todos os participantes escolleranse 3 gañadores, que serán anunciados o 15 de marzo de 2020 nas mesmas contas, e recibirán para gastar en tendas de fotografía:

Primeiro premio: 100 € para aquela fotografía que teña máis “me gusta” (sumados os de Instagram e Facebook) o día 14 de marzo ás 23:59

Segundo premio: 50 € para aquela fotografía presentada en prazo e polo xurado profesional designado pola Federación Don Bosco, e que mellor cumpra o obxectivo do concurso. Un premio por categoría.

Categoría A: nenos e nenas ata 13 anos.

Categoría B: mozos e mozas entre 14 e 30 anos.

Categoría C: maiores de 30 anos

 

Terceiro premio: 50 € para aquela fotografía presentada antes do prazo mellor clasificada polo xurado e que sexa dun socio dunha das 5 asociacións xuvenís da Federación Don Bosco

4_A técnica empregada nas fotografías será libre

5_Coas mellores fotos do concurso realizarase unha exposición itinerante

6_A participación no concurso implica a aceptación de todas as bases