Entidade sen ánimo de lucro e, dende 2019, entidade social prestadora de servicios, que traballa con no ámbito da animación sociocultural e do tempo libre, a prol do desenvolvemento integrada da infancia e mocidade galega. 

A Federación de CCXX Don Bosco de Galicia está presente nas 4 provincias galegas con 6 centros onde contamos con 11 profesionais técnicos contratados, 107 persoas contratadas para o desenvolvemento de programas e atividades que axudan a coordinar aos máis de 550 persoas voluntarias que atenden a 4.700 destinatarios, entre os que se inclúen nenos, mozos e familias. 

Formamos parte tanto da Inspectoría salesiana "Santiago El Mayor"  como da Confederación de Centros Xuvenís Don Bosco, o que nos permite traballar en rede con federacións doutras comunidades autónomas. 

Esta estructura permítenos traballar nos diferentes ámbitos de actuación polos mesmos obxectivos debido a confluencia de intereses e finalidades baseadas nunhas características concretas:

Os centros xuvenís, como unha proposta educativa e de valores:

 - Paz, convivencia, respecto, solidariedade, cooperación, altruísmo.

 - Desde o protagonismo xuvenil: Autoxestión, promoción, participación, democracia.

Os centros xuvenís, un espazo para:

- Un lecer educativo infantil.

- A promoción xuvenil.

- Un lecer alternativo e saudable.

- Un espazo de voluntariado.

- Opción por Galiza.

  

 

 

 

 

COÑECE Á FEDERACIÓN DE CCXX DON BOSCO EN 2 MINUTOS

 

 

 

 COÑECE MOITO MÁIS SOBRE 6 MEMBROS DA FEDERACIÓN CCXX DON BOSCO DE GALICIA

         
Abeiro en A CORUÑA

             Don Bosco            en SANTIAGO DE COMPOSTELA

Abertal en VIGO Amencer en OURENSE Albergue en ALLARIZ Ateibo en LUGO
@cxabeiro

@cxdonbosco

@cxabertal @axamencer @albergueallariz @cxateibo
 Centro Xuvenil ABEIRO  Centro DON BOSCO  ABERTAL Centro Xuvenil  Asociación Xuvenil AMENCER  Albergue ALLARIZ ATEIBO Centro Xuvenil