Novas
- Detalles
Contaxia Experiencia, un proxecto innovador que realizamos por terceiro ano consecutivo na fermosa vila de Allariz, reuniu a 6 voluntarios de diferentes idades para compartir coñecementos e experiencias valiosas. Centrándose na promoción de oportunidades vitais e profesionais no medio rural, o proxecto buscou difundir a rica herdanza cultural e fomentar a participación activa na comunidade.
Divididos en 3 parellas de voluntarios, mergulláronse en actividades formativas únicas, centrados en ebanistería, agricultura sustentable e calcetae ganchillo , contribuíndo a obxectivos xerais como a mellora da autoestima e a creación de lazos interxeracionais. No corazón do proxecto estaba a idea de construír pontes entre xeracións, conectando a sabedoría dos maiores coa enerxía e creatividade da mocidade.
Os resultados foron notables: desde unha maior conciencia das oportunidades rurais ata a consolidación de habilidades prácticas. Ademais, a visibilidade do proxecto estendeuse na comunidade de Allariz, demostrando que a colaboración interxeracional é clave para fortalecer os lazos comunitarios e enriquecer a vida de todos os involucrados.
Este proxecto non só ofreceu oportunidades formativas, senón que tamén proporcionou un espazo para a conexión humana e a valoración da diversidade de talentos e experiencias na comunidade. Contaxia Experiencia é un testemuño do poder transformador da colaboración interxeracional e do impacto positivo que pode ter na vida rural.
Este proxecto se pode realizar grazas ás axudas publicadas pola Consellería de Cultura, língua e Xuventude da Xunta de Galicia dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025.
- Detalles
A Federación Don Bosco estamos a levar a cabo un programa en todos os nosos centros chamado Iniciativa Xove 2025: Dinamizando mocidade, dinamizando vida!
Este programa pode realizarse grazas ao apoio da Dirección xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia, mediante a súa orde de axudas para programas como este.
A Federación organiza unha serie de actividades para mozas e mozos de xeito aberto, desenvolvendo actividades gratuítas ao longo do ano nos diferentes centros federados na entidae, todas elas enmarcadas no eido do Tempo Libre educativo. A idea principal do proxecto é crear lugares, momentos e espazos onde os mozos e mozas sexan os protagonistas e partícipes das actividades realizadas.
As actividades en cuestión pretenden ser unha oferta de educación non formal, sempre enfocadas desde un tempo libre educativo, desenvolvendo nos destinatarios as súas aptitudes mediante actividades que favorecen o seu desenvolvemento integral como individuo e dentro dunha sociedade. Ademais, con estas actividades se pretende fomentar unha participación xuvenil responsable, desde o compromiso social e persoal e dun xeito sa e saudable. O proxecto en si, é un proxecto organizado por mozos/as voluntarios/as para outros/as mozos/as destinatarios/as, prestando especial atención a aqueles que non poden gozar de actividades lúdicas por ser carentes de acceso a outras actividades deste tipo (ben sexa por motivos económicos sendo sensibles aos tempos de crise nos que vivimos, ou ben por cuestións de accesibilidade por discapacidade a actividades culturais e de lecer).
Dinamizando mocidade, Dinamizando vida! xira en torno a 3 grandes tipos de actividades:

Medranzas
As actividades de “Medranzas” son actividades con un aspecto de ocio educativo e alternativo habilitando lugares e momentos nos que se traballe dun xeito máis lúdico a participación xuvenil facendo uso do seu tempo de lecer de maneira responsable e divertida á vez.
Sabenzas
As actividades de “Sabenzas” son actividades con un aspecto máis de debate e traballo en grupos e que poden ser un centro de interese que fomente o diálogo, reflexión sobre temas de interese xeral e que motiven a participación xuvenil.
Xuntanzas
As actividades de “Xuntanzas” son actividades de encontro entre mozos e mozas, destinatarios das mesmas actividades (de “Medranzas “ ou “Sabenzas”), coa fin de que se coñezan e compartan esas experiencias e inquedanzas vividas con outros destinatarios das súas mesmas idades.
- Detalles
A Federación Don Bosco estivo a participar no III Congreso da Mo_Cidade que se celebrou en A Coruña entre os dias 23 e 26 de marzo.
Este congreso tivo a participación da mocidade dende diferentes partes de Galicia, o seu obxetivo foi o de promover a reflexión sobre temas de interese común.
Durante o congreso desenvolvéronse actividades como obradoiros, charlas e mesas redondas, onde os mozos puideron intercambiar experiencias e opinións. Ademais, ofrecéronse diversas propostas de lecer e entretemento para os asistentes.
A terceira edición do Congreso da Xuventude foí un éxito rotundo, e demostrou o compromiso da Xunta de Galicia por ofrecer á mocidade un espazo de diálogo e aprendizaxe.
- Detalles
Dende fai case dous anos, a Federación Don Bosco xestiona o albergue de Allariz. Co fin de seguir mellorando a experiencia dos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago pola variante do camiño Senabrés, extensión da Via da Prata pola vila, vanse levar a cabo unha serie de melloras.
Nesta nova etapa, vaise adaptar a antiga casa salesiana para transformala nun albergue turístico, ampliando asi a oferta en 19 prazas, con isto esperase mellorar a estancia tanto no albergue como en Allariz

