Preinscrición para campamentos Saltimbanquis, Andaina, ADS e Cate: hasta o 23 de marzo

Para máis información pregunta no teu centro xuvenil.

 

Campamentos Summer Fun! son abertos a calquer participante.

 

Máis información na web do CX Abertal (www.abertal.org)

O pasado sábado 20 de febreiro os centros xuvenís Abertal de Vigo e Amencer de Ourense difrutaron dun soleado día en cabeza de Manzaneda onde se divertiron xogando coa neve, ali tiráronse con trineos e plasticos, fixeron bonecos de neve e castelos de neve para protexerse na guerra de bólas de neve.

Ler máis...

O sábado 21 de xaneiro temos na cidade de A Coruña a nosa xuntanza de grupos xuvenís de Catecumenado (14-19 anos)

Inscríbete no teu centro xuvenil para gozar deste día de compromiso e encontro.

10.00 Chegada ao Centro Xuvenil Abeiro da Coruña
10:30 Saúdo
11:00 Experiencias
14:00 Xantar conxunto
15:00 Roteiro
16:30 Grupos de orixe
17:00 Celebración
18:00 Despedida e regreso

A temática nesta ocasión centrarase no tema da ecoloxía e o coidado da casa común

Os mozos reclámannos un cambio. Eles pregúntanse como é posible que se pretenda
construír un futuro mellor sen pensar na crise do ambiente e nos sufrimentos dos
excluídos (LS 13)

28 Ads dos C.X. Abeiro e Ateibo tiveron o pasado fin de semana unha convivencia na Coruña.

Os anfitrións, de Abeiro, recibiron aos visitantes, de Ateibo, na estación de tren na mañá do sábado 20. Desde alí encamiñáronse ao centro cunha 'Misión Imposible' para coñecer a cidade e facerse notar. De feito, roubaron protagonismo aos afeccionados dos equipos que aínda estaban en liza na Copa do Rei de Baloncesto.

Ler máis...