28 Ads dos C.X. Abeiro e Ateibo tiveron o pasado fin de semana unha convivencia na Coruña.

Os anfitrións, de Abeiro, recibiron aos visitantes, de Ateibo, na estación de tren na mañá do sábado 20. Desde alí encamiñáronse ao centro cunha 'Misión Imposible' para coñecer a cidade e facerse notar. De feito, roubaron protagonismo aos afeccionados dos equipos que aínda estaban en liza na Copa do Rei de Baloncesto.


Tras a comida para comer no parque da Maestranza, os Ads dirixíronse a visitar a Torre Hércules, un dos monumentos máis representativos de Coruña. A xornada continuou cun momento de relax na Sala Aberta de Abeiro e concluíu co xogo 'Rommel e Montgomery' no pavillón do Colexio San Juan Bosco.

A xornada do domingo 28 foi moito máis relaxada. Os Ads tiveron un tempo de interioridade relacionado coa Coresma: o camiño percorrido e por percorrer, os obstáculos que xorden no camiño... Tamén celebraron a Eucaristía co resto da parroquia.

"Foi unha fin de semana marabillosa, de convivencia de mozas e mozos de Coruña e Lugo, de reencontros, de novos amigos e de compartir experiencia de vida xuntos. Porque o camiño realizámolo entre todos e temos que gozar do camiño e non só da meta do mesmo. E como Ads que somos, sempre alegres".

As próximas citas serán o 9 de abril, na Xuntanza Ads de Galicia, e, por suposto, no Campamento Ads, desde o 15 até o 23 de xullo en Castrelo-Cambados.