O pasado sábado 16 Lugo acolleu o encontro dos grupos xuvenís de Galicia.

Ateibo acolleu a 66 adolescentes y 11 animadores dos nosos centros xuvenís de Abeiro e Abertal.

 

Despois da acollida de Óscar Bartolomé, director de Salesianos Lugo, e de David Montero, director do Centro Xuvenil Ateibo; nos adicamos á “Búsqueda das pegadas de ABBÁ” pola cidade amurallada. Visitamos “Mans Unidas”, o Albergue de Peregrinos, os locais de Comercio Xusto entre outros con unha breve reflexión en cada unha das paradas; culminando coa visita á Catedral.

Una vez rematada a Xymkana pola cidade voltamos a Ateibo para comer, ter un rato de convivencia libre e por grupos de orixe para reflexionar o traballado pola mañá.

Foi un día intenso, de reencontros, de coñecemento, de crecemento persoal e grupal, de búsqueda y sobre todo de diversión.

Grazas a todos os mozos e animadores que participaron.


Vémonos de novo na Pascua e os demáis en xullo en Castrelo-Cambados.

Equipo de animadores de Ateibo