A Federación Don Bosco estamos a levar a cabo un programa en todos os nosos centros chamado Iniciativa Xove 2022: Dinamizando mocidade, dinamizando vida!

Este programa pode realizarse grazas ao apoio da Dirección xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia, mediante a súa orde de axudas para programas como este.

 

A Federación organiza unha serie de actividades para mozas e mozos  de xeito aberto, desenvolvendo actividades gratuítas ao longo do ano nos diferentes centros federados na entidae, todas elas enmarcadas no eido do Tempo Libre educativo. A idea principal do proxecto é crear lugares, momentos e espazos onde os mozos e mozas sexan os protagonistas e partícipes das actividades realizadas.

As actividades en cuestión pretenden ser unha oferta de educación non formal, sempre enfocadas desde un tempo libre educativo,  desenvolvendo nos destinatarios as súas aptitudes mediante actividades que favorecen o seu desenvolvemento integral como individuo e dentro dunha sociedade. Ademais, con estas actividades se pretende fomentar unha participación xuvenil responsable, desde o compromiso social e persoal e dun xeito sa e saudable. O proxecto en si, é un proxecto organizado por mozos/as voluntarios/as para outros/as mozos/as destinatarios/as, prestando especial atención a aqueles que non poden gozar de actividades lúdicas por ser carentes de acceso a outras actividades deste tipo (ben sexa por motivos económicos sendo sensibles aos tempos de crise nos que vivimos, ou ben por cuestións de accesibilidade por discapacidade a actividades culturais e de lecer).

 

Dinamizando mocidade, Dinamizando vida! xira en torno a 3 grandes tipos de actividades:

 

Medranzas 

As actividades de “Medranzas” son actividades con un aspecto de ocio educativo e alternativo habilitando lugares e momentos nos que se traballe dun xeito máis lúdico a participación xuvenil facendo uso do seu tempo de lecer de maneira responsable e divertida á vez.

Sabenzas

As actividades de “Sabenzas” son actividades con un aspecto máis de debate e traballo en grupos e que poden ser un centro de interese que fomente o diálogo, reflexión sobre temas de interese xeral e que motiven a participación xuvenil.

Xuntanzas

As actividades de “Xuntanzas” son actividades de encontro entre mozos e mozas, destinatarios das mesmas actividades (de “Medranzas “ ou “Sabenzas”), coa fin de que se coñezan e compartan esas experiencias e inquedanzas vividas con outros destinatarios das súas mesmas idades.