A Federación Don Bosco, dende hai pouco mais dun ano, está a xestionar o Albergue de Allariz. Entre os proxectos levados a cabo neste espazo, nos fai especial ilusión o proxecto de Mellora de acompañamento e hospitalidade de peregrinos no albergue de Allariz, que é posible grazas á colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta de Galicia.

 

Este proxecto baséase na realización dunha serie de actividades relacionadas coa boa atención e hospitalidade a peregrinos que realizan o Camiño de Santiago pola variante do Camiño sanabrés, extensión da ruta Via da Prata, na vila de Allariz. Se plantexan varias accións que poden englobarse en dúas:

 

  • Mellora das instalacións para unha maior comodidade dos peregrinos
  • Mellora da experiencia e acompañamento de peregrinos

 

Agardamos que este proxecto axude a promocionar o noso Camiño pola Vía da Prata, e a preciosa vila de Allariz.