Os animadores e animadoras dos centros xuvenís da Federación Don Bosco queremos seguir aportando o noso traballo voluntario adaptándonos á situación actual, en contra do aburrimento e tratando de levar o mellor posible este confinamento. 

Por elo imos a publicar nesta web e nas webs dos 5 centros xuvenís  propostas de actividades diarias para facer na casa. Dividímolas en 3 áreas:

  • Móvete!  (xincanas, actividades deportivas, videoxogos, baile,...)
  • Crea!  (obradoiros, xogos de mesa, receitas,...)
  • Respira!   (lecturas, reflexións, para manter esperta a cabeza e o corazón)

Tamén teremos algunha proposta online para mozos que iremos desvelando pouco a pouco.

Seguimos á vosa disposición no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Anímate a participar!

 

Luns 18 de maio

  • Móvete! - Imaxes de luz no aire

 Aprende a debuxar con luz no aire, só precisas un teléfono-smartphone, unha lanterna e cinta aislante.

Esta actividade a deberás realizar nunha habitación a escuras ou pola noite. O primeiro é preparar a cámára (do teléfono) co que vas a sacar a foto, busca a opción de fotografía pro (na propia aplicación da cámara) e axusta a obturación a 15 segundos (que será o tempo que terás para facer a imaxe no aire). 

Pensa a imaxe que queres facer coa túa lanterna (teremos que encintar a parte da luz de xeito que só saia pouca luz e poidamos tapar cun dedo). Coloca o smartphone de xeito que non se mova en 15 segundos ou busca outra persoa que te poida sacar a imaxe; e a continuación saca a foto, fai o debuxo no aire e logo tapa a luz da lanterna, agarda a que pasen eses 15 segundos. E xa podes ver o resultado

Se precisas paso por paso toda a información a atoparás neste vídeo:

  

 

  • Crea! - Grafiti online

Crea a túa propia obra de arte urbana a través da plataforma que pon á disposición o museo TATE: 

https://www.tate.org.uk/kids/games-quizzes/street-art

e si te animas, compártea na súa galería na seguinte ligazón: 

https://www.tate.org.uk/kids/submit

  

  • Respira! - Museo Tate

Esta é unha opción como moitas outras coa que gozar do arte esteas onde esteas, neste momento, desde a casa. Unha moi boa opción para celebrar o día dos museos é unha visita virtual ao Museo Tate, que ten unha sección para nenos e nenas

https://www.tate.org.uk/kids

 

E ademáis de ter unha morea de actividades entretidas, oferta unha opción coa que explorar diferentes artistas e á súa arte.

https://www.tate.org.uk/kids/explore


Esta é a opción para os maiores: https://www.tate.org.uk/

 

Domingo 17 de maio 

  • Móvete! AO COMPÁS DUNHA MUIÑEIRA!

 Nestes días é necesario erguerse do sofá e mover un pouco o corpo. Por iso hoxe, queremos propoñervos diferentes xogos musicais cos que pasar un bo rato cos máis pequenos da casa, ademais de achegarlles un pouco da cultura galega a través da música.

Para comezar, por se algún o coñece,  deixámosvos un vídeo explicativo dalgúns pasos básicos para bailar unha muiñeira:

 

 PREPARADOS/AS? 

Aquí vos deixamos unha proposta de música disco muiñeira, para empregar nos xogos 

  

  • Baile das estatuas: Comezaremos bailando por toda a sala mentres soa a música, unha vez pare, todos os xogadores quedaran quietos no seu sitio sen poder moverse. O que se mova será eliminado.
  • Baile das cadeiras ou xornais: Colocaremos tantos xornais ou  cadeiras como xogadores. Comezaremos o xogo bailando por toda a sala mentres soa a música. Cando pare a música os xogadores terán que buscar un xornal ou cadeira onde sentarse . Nas seguintes rondas comezaremos a quitar un xornal ou cadeira por quenda. 
  • Baile do globo: Colocando un globo entre diferentes partes do corpo (fronte con fronte, peito con peito, barriga con barriga...) dos dous xogadores. Comezaremos a bailar pegadiños mentres soe a música, evitando que caia o globo.

Animádevos a xogar! E despois se vos animades a bailar todos/as xuntos un muiñeira!

 

  • Crea!  O MEU LUGAR FAVORITO DE GALICIA

 

Hoxe 17 de maio é un día moi especial para Galicia, o día das Letras galegas. Por iso queremos propoñervos para hoxe que fagades un debuxo ou un collage do voso lugar favorito de Galicia: unha vista da praza do Obradoiro, unha das praias das illas Cíes, unha panorámica dende o Monte de San Pedro, unha instantánea dende a muralla de Lugo ou un baño nas termas de Outariz.

Escollede o voso lugar favorito, imaxinade que estades alí agora mesmo e plasmade esa imaxe nun bonito debuxo. Rematádeo escribindo nunha das marxes unha frase ou unha palabra  dende un sentimento ata unha descrición que vos lembre a ese lugar.

Sigamos soñando como galegos/as! FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 

  • Respira!  FALA SOBRE TI

 Para hoxe, queremos propoñervos un xogo para facer en familia. Conseguide dous dados, que serán os que den as coordenadas da pregunta que tedes que responder. 

O ritmo tan acelerado que temos a diario: traballo, estudos, deberes..., as veces non temos tempo de falar coas persoas coas que convivimos. Esta situación ofrece a oportunidade de  frear, deternos, e adicar tempo a coñecernos e a coñecer algo máis aos que temos máis preto.

Compartir é vivir!

 

 

 

Sábado 16 de maio 

  • MÓVETE! - Workout en familia

O workout é unha técnica de fitness e deporte que se practica para traballar a resistencia e estilizar a figura ao mesmo tempo.
Este tipo de exercicios implican parte de adestramento aeróbico, fitness e incluso algo de calistenia. O que se pretende ao practicar este deporte é unha modificación real da estética do corpo, pero ademáis, a sentirse moito máis sá e saludable.
Esta rutina é un bo comezo para que toda a familia poda poñerse en forma:

 

 

  • CREA! - Pintar cos pés e as mans

Nestos momentos no que a hixiene é o que máis nos preocupa no noso día a día, animámosvos a emporcarnos un pouquiño e de forma controlada para facer unhas grandes obras de arte.
Tan só necesitamos pinturas de cores, e xunto cunhas mans e pés dispostos a mancharse, podemos facer cousa ben bonitas como as do vídeo:

 

Esperamos ver as vosas obras de arte!

  • RESPIRA! - Ioga: Estilo Frozen

Hai moitos tipos de ioga, e xa van varias veces que rematamos as nosas actividades cunha actividade coma esta, pero é importante traballar a relaxación nos/as nenos/as e máis en momentos coma estes.
Así que vos animamos a practicar este tipo de ioga ca temática de Frozen.

 

Xa nos contaredes qué tal vos vai.

 

 

 

Venres 15 de maio 

  • Móvete! – XOGA EN GALEGO

Aproxímase o Día das Letras Galegas e queremos, coma tentamos sempre, facer promoción da nosa lingua e cultura a través do cotiá. Nesta ocasión imos a continuar coa serie de Xogos populares galegos (nas actividades do 27 de abril xa propuxemos algún) .

Para elo nos axudamos do libro “Xoga en galego”, que publicamos no ano 2006 os Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, recollendo estes e moitos mais xogos populares galegos.

AS TABAS

Descrición

Xogo antiquísimo, con pegadas na arte desde a Grecia clásica. Deu lugar a moitas variantes: no número de tabas empregadas, nas regras, nas fases de cada partida…; chegou a incluír o uso dunha pelotiña que veu substituír a pedra mestra ou coutadeira do xogo dos pelouros. Ofrecemos a variante con pelota, característica dos séculos XVII e XVIII, se ben a dos pelouros seguiu sendo practicada igualmente (sen pelota), convivindo coa das tabas. Ambos son xogos de lanzamento e recollida utilizando unha soa man.

Desenvolvemento

As quendas establécense sen botar sortes. Lánzanse as chucas cunha soa man sobre a superficie escollida como zona de xogo. Hai que facer cada xogada coa mesma man coa que se lanza a pelota e mentres esta dá un único bote no chan, para recollela unha vez feito o movemento. As xogadas seguen este proceso: hai que ir poñendo en primeiras, unha a unha, as chucas que non quedaron nesa posición, pasando entón a recollelas tamén unha a unha; repítese o proceso en segundas, en terceiras e en cuartas.

Vaise avanzando na partida con novos xogos que engaden complicacións:

* Sen mover: séguese a mesma secuencia do xogo anterior, pero agora, mentres se recolle cada chuca, non se pode mover ninguna das outras; o mesmo en segundas…

* Deixando sempre unha taba na posición na que se está a xogar: así, en primeiras, hai que recoller unha chuca en primeiras e virar outra que non o estivese para primeiras, deixándoa preparada para o seguinte lanzamento. O mesmo en segundas…

* O montón: colócanse as chucas nunha man e enriba a pelota; lánzase a pelota ao aire, déixanse as chucas no chan e recóllese a pelota; lánzase de novo a pelota recollendo todas as chucas e bicándoas antes de coller a pelota.

Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui. https://drive.google.com/file/d/1cHiYPAYjAEmnSMSxc08ExZQeVrAYQoPE/view?usp=sharing 

 

O BRILÉ

Descrición

Dous capitáns escollen equipos nun campo de xogo delimitado por tres liñas paralelas: o medio, desde onde lanzarán os xogadores de cada equipo a pelota; e os extremos, cara onde correrán os membros de cada equipo cando os do contrario lanzan desde o medio. Detrás da liña de cada equipo sitúase a zona dos brilados do equipo contrario. Todos os xogadores deben situarse desordenadamente dentro do campo do seu grupo, menos un de cada equipo que se irá colocar detrás da liña dos contrarios, na zona dos brilados, para coller o balón cando saia fóra.

Desenvolvemento

Bótanse as sortes para decidir en que campo queda cada equipo e quen inicia o xogo lanzando o balón. Nese momento xa se pode tirar contra os do campo contrario desde a raia do medio se se quere, para acurtar a distancia que debe cubrir a pelota -aínda que é posíbel lanzar desde calquera punto do seu campo- e cara á súa zona de brilados, onde xa se situou un compañeiro de equipo.

Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui. https://drive.google.com/file/d/1euJYoeHPxFUAdNQyrPOqz9ch07uNBFtm/view?usp=sharing

 

OVO, PICO, ARAÑA

Descrición

Trátase dun xogo de lombas. Bótanse sortes e fanse equipos de dous, tres ou catro nenos cada un.

Con máis é moi difícil xogar. Fai falta unha nai: pode ser un neno ou un adulto que estea sentado. Os do equipo que apanda póñense en posición de poldro -inclinada a metade superior do corpo formando un ángulo recto con respecto ás pernas- e agarrados uns detrás doutros, formando o facu, de tal xeito que o primeiro teña a cabeza apoiada no colo da nai, o segundo detrás do primeiro coa cabeza entre as pernas deste e o terceiro e cuarto na mesma posición que o segundo.

Desenvolvemento

Os membros do outro equipo saltan dun en un enriba dos que están apandando. Os rapaces saben que o que máis lonxe é capaz de chegar (máis cerca da nai), debe facelo en primeiro lugar para deixar sitio aos demais. Estando todos a cabalo, o xefe do equipo de arriba diralle ao xefe do equipo dos pandotes: "ovo, pico, araña", ao tempo que pon as mans semellando un ovo (cos dedos polgar e índice formando un o), un pico (os dedos nun puño menos o polgar, cara arriba) ou unha araña (todos os dedos da man encorvados e separados entre si imitando o corpo deste insecto) e só unha destas figuras en cada ocasión. Se o que está abaixo acerta, os equipos intercambian as funcións; se non, repítese o xogo con cada equipo apandando ou saltando como lles tocara a vez anterior.

Pódese xogar a un número de vitorias: cada equipo só pode contabilizar as súas cando está saltando; cando apanda e acerta, só cambia de función no xogo, sen puntuar.



Podes descargar a ficha completa e normas deste xogo premendo aqui. https://drive.google.com/file/d/1_RXl_C9cvGKEMGEdbbU_DsKyla04Emxu/view?usp=sharing

 

O GUA

Descrición

Trátase do xogo de bólas -bugallos, mecas, bolindres…- por excelencia en Galiza. Recibe o seu nome da focha ou covo ('cuviolo' ou 'couviño') duns dous dedos de profundidade feito no chan -co tacón do zapato, por exemplo-, onde hai que meter as bólas.

A finalidade do xogo é eliminar a bóla do contrario golpeándoa ata oito veces e entrando despois no gua. Quen xoga tira a súa bóla contra a outra e seguirá tirando sempre que consiga bater nela.


Desenvolvemento

O primeiro participante tira a bóla desde o gua en calquera dirección. Despois o outro neno, colocando o dedo maimiño dentro do burato e collendo ao mesmo tempo o bugallo co dedo índice, ten que impulsalo co polgar coa intención de darlle ao carrabouxo do primeiro participante. Se non lle dá, continúa o outro; pero se lle dá, dirá “primeira” ao chincar a bóla; desde onde quede a bóla volve tirar e se lle dá, di "segunda"; se repite a operación será a "terceira"; obtendo o cuarto acerto dirá "truco". As seguintes sortes son: "máis truco" ou ”matruque” e "pé" (ten que ficar un pé entre a bóla del e a do compañeiro) ou “pés” (mídense dous pés entre as dúas bólas). Se non hai pé, pérdese, como sucede nas sortes anteriores se non se lle dá á bóla; mais se se logra o pé, hai que seguir dicindo primeiro “bóla” e despois "paso de bóla" ou “paso bóla”, afastando a bóla contraria do gua. Desde onde quede a bóla propia, apoiado sempre o maimiño no chan, tírase esta para o gua. Se entra, dise "gua" gañando o xogo. Cada vez que se perde, o seguinte reanuda a actividade na xogada onde perdeu a última vez.

Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui. https://drive.google.com/file/d/1l99aR6SoIwgGGU6b7B3q05iawkNlqmv0/view?usp=sharing 

 

  • Crea! – XOGOS DE MESA

Hoxe imos a crear os nosos propios xogos de mesa imprimindo e recortando todo o preciso para o xogo. 

Debido ao confinamento existen editoriais que liberaron e compartiron versións imprimibles para poder xogar en familia a un xogo de mesa. Aqui te deixamos algún exemplo:

 

CATCHUP & MOUSETARD: ¡BATALLA DE BOCATAS!

Xogo a partir de 5 anos. 

Consiste en ir “facendo bocatas á carta”, sumando un pan cada vez que pasas pola casilla de inicio, e recollendo alimentos precisos para o teu bocata.

Podes descargalo para imprimir premendo aqui:

 https://mega.nz/file/2eQSlSoT#evIy0tCfDE-BlWGldgFse8WPuS48CzTeVpsmc_2GYGU

 

COBARDES!

Xogo a partir de 10 anos.

Un divertido xogo onde gaña quen sexa mais cobarde. Deberás ir sacando cartas á vez que o teu contrincante para comezar sendo guerreiro e guerreira e rematar conseguindo a coroa.

Podes descargalo para imprimir premendo aqui:

https://tranjisgames.com/wp-content/uploads/2020/04/Cobardes_PrintPlay.pdf

As instruccions: https://tranjisgames.com/wp-content/uploads/2017/03/Cobardes-RULES.pdf

 

  • Respira!  - CADEA DE FAVORES

Este é o título dunha película do ano 2000 que conta a historia dun profesor que decide asignar aos seus estudantes a tarefa de buscar métodos para mellorar o mundo, polo menos á comunidade que os rodea.

Un dos rapaces toma moi en serio a proposta e inventa un sistema inxeniosamente simple: a súa idea consiste en axudar a 3 persoas en algo que non poidan lograr por si mesmos e, en lugar de que o favor sexa devolto, cada unha desas 3 persoas debe axudar a outras 3 persoas, e así sucesivamente.

 

 Anímaste a comezar unha cadea de favores? Non ten que ser algo superheroico nin teño que anuncialo, senon pequenas accións que axuden no día de hoxe a 3 persoas

 

 

Xoves 14 de maio 

  • Móvete! – Oca deportiva 

Hoxe propoñémosvos xogar a un xogo de mesa á vez que facemos deporte. No seguinte enlace, hai un taboleiro do xogo da oca, pero en cada casilla temos alguna proba deportiva. 

 

 

  • Crea! – Disco de Newton 

Materiais: 

-Folla de papel 

-Ceras de cores ou rotus 

-Un anaco de carton ou un CD 

-Un lápis 

Debuxaremos na folla de papel un círculo divido en 7 partes que pintaremos cada unha dunha cor (vermello, laranxa, cián, azul, verde, amarelo e violeta). Pegamos a folla ao anaco de cartón ou CD e recortámolo de maneira que quede un círculo. Faremos un burato no medio polo que poder pasar o lápis de tal maneira que parezca unha buxaina. 

Ao xirar o noso disco, deixamos de ver todas estas cores como tal e veremos simplemente a cor branca, xa que a cor branca está formada polas sete cores que forman o arco da vella. 

 

  • Respira! – Meditación 

No seguinte enlace, hai unha breve meditación guiada para que tratemos de relaxarnos agora que as cousas xa están un pouco máis movidiñas. Agardamos que a disfrutedes! 

 

 

Mércores 13 de maio 

  • Móvete! – Fútbol de mesa

Fútbol de mesa:  Para non correr o risco de romper algo xogando ao fútbol na casa ímolo adaptar para xogar sobre unha mesa! 

Situamos dous vasos ou algún outro obxecto en ambos extremos da mesa facendo de portería. Como balón empregaremos un tapón, chapa ou outro obxecto pequeno que se deslice doadamente. Os/as xogadores/as serán os nosos dedos, que lanzarán o balón en 3 toques como máximo ata a portería contraria. Gooooooool!

Podedes facer a “Copa da casa” ou a “Liga Introfogar”. A/o campiona/campión da casa debe ser premiada/o cunha larpeirada, por exemplo.

 

  • Crea! – Globocohete

Para facer o voso “globocohete” necesitaredes: un globo, un tubo de cartón (valen os do papel hixiénico que se acumularon na casa, je je), rotuladores, cinta adhesiva, fio ou cordón.

O primeiro é decorar o tubo de cartón cos rotuladores (podedes empregar cintas de cores e outros materiais que teñades pola casa) como se fose un cohete. Deixade voar a vosa imaxinación e sede creativas/os. Pásase o fío polo interior do tubo e átanse os extremos a, por exemplo, dúas cadeiras da mesma altura. O fío debe quedar tenso. Será a pista pola que circule o cohete.

Despois inflade o globo sen atar e, mentras o mantedes inflado apretando a boca do mesmo cos dedos, suxeitádeo coa cinta adhesiva ao tubo-cohete.

 

Coloca o cohete en posición de saída (coa boca en posición contraria ao sentido de avance). Preparadas/os para o despegue?... 3, 2, 1… soltade o globo! Podes repetir a proba todo o que queiras volvendo a inflar o globo.  Recorrerá toda a corda? Proba co globo máis ou menos inflado.

Este é un experimento que demostra o principio de acción e reacción (terceira ley do movemento de Newton) sobre a que podedes investigar un pouco.

 

  • Respira! – Museo do Prado

Aínda non podemos viaxar a outras autonomías pero podemos dar un divertido, relaxante, artístico e educativo paseo virtual polo museo do Prado.

Visita Museo do Prado: https://www.museodelprado.es/recorrido/itinerario-infantil-en-el-museo-del-prado/e43b0083-12d0-4246-8b8e-aaf44a251eff

Podemos coñecer algo sobre interesantes obras de arte como, por exemplo A Sagrada Familia do paxariño (Murillo):

https://www.museodelprado.es/actualidad/multimedia/obras-comentadas-la-sagrada-familia-del-pajarito/c53a4977-1e40-4397-8d6a-ae510fe57977?searchid=a8b1ea33-a7c1-f0f8-4a3a-4f4395d3f806

Cal é a obra que máis vos gustou? Que vos inspira? Creade a vosa propia obra de arte.

 

 

 

 

Martes 12 de maio

 

  • Móvete! REVISIÓN MÉDICA

A proposta de hoxe serán 5 adiviñas para os 5 sentidos, os cales teremos que poñer a funcionar, xa que en cada quenda só poderemos empregar un deles, de xeito que adiviñemos o que temos diante nosa.

A continuación faremos unha proposta pero podes cambiar por outros elementos, simplificando ou complicando.

Para cada un dos sentidos é moi importante intentar anular o resto, coas mans nas costas se non s epode tocar, cos ollos pechados se non se pode ver, etc. simplemente deixando en funcionamento o sentido que queremos poñer a proba.

  • Vista: Na seguinte ligazón atoparás máis ilusións ópticas

https://aprendiendoconjulia.com/2016/01/divertidas-ilusiones-opticas-para-ninos-que-son/

Pero polo de agora pedirémoste que resolvades 3:

  • Sodes capaces de ler rápido as palabras sen confundir coa cor da letra?

  • Son rectas as liñas?

  • Son rectas as liñas?

 

 

  • Oído: Escolleremos 3 elementos da casa e unha culler (ou algo co que golpear suavente os obxectos). Por exemplo colleremos un plato, un libro e unha caixiña (de latón ou doutro material); darémoslle uns pequenos golpeciños para que a outra persoa adiviñe polo seu son, de que obxecto se trata.
  • Tacto: para este xogo buscaremos 3 elementos da casa, os meteremos debaixo dunha manta e a outra persoa porase cos ollos pechados diante, destaparemos os obxectos e terá que adiviñar que hai. Por exemplo: unha peza de roupa, unha figuriña da casa, un bote de comida. Para complicar este xogo terá que concretar o máximo posible (que prenda, figuriña ou alimento é)
  • Gusto: tendo coidado coas alerxias da persoa á que lle vas facer esta proba, elixirás 3 alimentos que mesturarás e a outra persoa terá que adiviñar que leva. Por exemplo: fariña, sal e allo (simplemete probaremos un pouco).
  • Olfacto: colleremos 3 elementos e a outra persoa terá que identificar de que se trata
    • Colonia (coller a de algún membro da familia e identificar quen emprega esa colonia)
    • Adiviñar o olor dunha peza de froita
    • Para que sexa máis complicado: poñer varias especies ou aderezos das comidas nun mesmo plato: ourego, perixel, allo, curry, comino, etc. e intentar adiviñar 3.

 

  • Crea! DÍA DA ENFERMERÍA

Ao equipo de #AnimadorxsContraOAburrimento chegounos unha petición dun equipo de enfermeiros e enfermeiras para sorprender ao resto de compañeiros e compañeiras. Cóntovos a proposta e de seguro que poderedes botarnos unha man.

Chamáronnos dun hospital un equipo de enfermeiros e enfermeiras, que xa non tiñan moitos nenos e nenas ingresados (menos mal!), pero eles adoitaban decorar moitos dos espazos do hospital cos seus debuxos.

Velaí vai a petición, gustaríanos que polo Día da Enfermería (12 de maio) puidésemos enviarlles unha morea de debuxos titulados “para min un enfermeiro ou enfermeira é…” “para min un enfermeiro ou enferemeira ten…” e que imaxines como poderías deixar plasmadas todas esas cualidades que teñen os nosos enfermeiros e enfermeiras, ás que lle agradecemos a súa labor, máis aínda neste momento.

Pedimos 2 cousas:

  • Un ou máis debuxos, empregando ao máximo a vosa creatividade
  • Que animedes a outros rapaces e rapazas a facelo, porque cantos máis teñamos a máis hospitais chegaremos.

Podes achegarnos estes debuxos por calquera das canles das nosas redes sociais ou por correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Grazas de antemán!

 

 

  • Respira! VIAXE POLO CORPO

Para realizar a relaxación o primeiro é crear ese ambiente tranquilo, se coloquen cómodos nas súas cadeiras, colchón ou si se realiza persoalmente colocarse ben tombado. A continuación empezaremos a centrarnos na respiración, inspirando e expirando profundamente para conseguir ese estado de tranquilidade e posteriormente empezaremos a tensar e relaxar todas as partes do corpo e músculos para conseguir relaxar todo o corpo ao completo. Iremos facendo un recorrido pausado, parando en cada unha das partes que mencionamos a continuación:

  • Pé dereito
  • Pé esquerdo
  • Coxa dereita
  • Coxa esquerda
  • As cadeiras e as nádegas
  • Estómago
  • Peito
  • Costas
  • o brazo dereito e a man
  • o brazo esquerdo e mánoa
  • Pescozo e ombreiros
  • Cara

 

Para rematar este momento volveremos a centrarnos na nosa respiración, facendo, alomenos, 5 inspiracións e expiracións.

 

 

 

 

 

Luns 11 de maio

 

  • Móvete! O DADO MANDA

Para hoxe propoñémosvos unha variante do “Simón di”, neste caso empregaremos un dado, o obxectivo é que os rapaces/zas movan un pouco o corpo dunha forma divertida. A continuación deixámosvos un par de exemplos por se queredes imprimilos e montalos, ou que creedes un novo. Só teredes que lanzalo e facer o que o dado manda, algúns das accións que aparecen son correr como unha moto, saltar como unha ra, arrastrarse como un gusano…

 

 

  • Crea! FIGURAS CON TOALLAS

Materiais:

  • Unha toalla pequena
  • goma eva en cor negra (para o fuciño e os ollos)
  • Ollos de plástico (opcional, porque podes facer os ollos con goma eva
  • Un anaco de papel para facer as orellas
  • Cinta adhesiva
  • Tesoiras
  • 2 gomitas do mesma cor que a toalla

 

Desenvolvemento:

  1. Estira a toalla e enrola un dos lados ata a metade, despois enrola o outro lado tamén ata a metade de forma que se xunten no centro os dous lados enrolados.
  2. Dobra a toalla pola metade (para formar as 4 patitas).
  3. Pon unha goma na parte inferior da toalla para dar forma ás patitas do can
  4. Corta o anaco de papel branco en forma de remo con dúas pas para facer as orellas e pasalas por dentro da parte superior.
  5. Agora presiona cos dedos para dar forma ao fuciño do can e suxéitao con outra goma para que manteña a forma.
  6. Para terminar recorta uns anaquiños de feltro para facer o nariz e os ollos e pégaos á toalla cun pouco de cinta adhesiva (se lle pos pegamento a toalla non se pode utilizar).
  7. Podes seguir este enlace paso a paso: https://www.euroresidentes.com/entretenimiento/manualidades/como-hacer-un-perrito-con-una-toalla

 

  • Respira! ASÍ É O MEU CORAZÓN

Un precioso conto homenaxe ás emocións e os sentimentos dos nenos, para que os recoñezan en todas as súas formas e todas as súas cores: alegría, tristeza, calma, enfado, medo: «O meu corazón é como unha casiña. Dentro pasan moitas cousas e están todas revoltas! Hai risas ruidosas e días con choiva, enfados grandotes e ganas de saltar a pé manco. Hoxe vou abrir a porta do meu corazón para convidarche a pasar».

 

 

¿Preparado para escoitar un conto fantástico? Presta moita atención porque van falar de cousas que sentes.

 

 

Creamos un collage decorativo. Usaremos o fío condutor do corazón, como no conto e  usamos imaxes, palabras ou símbolos recortadas de revistas/periódicos ó ben buscadas de internet ou feitas por ti que representen como te sintes, un corazón cheo de cousas que nos gusta facer,  lugares aos que queres ir, as persoas que admiras, ou os teus soños/proxectos.

 

 

 

Domingo 10 de maio

  • Móvete! FEITO EN...

O 9 de maio foi o día Internacional do Comercio Xusto, e dende a ONGD de Taller de Solidariedade propoñen unha serie de actividades para este domingo.

A primeira actividade é ben sinxela, imos a buscar as nosas 5 prendas prendas de roupa favoritas, e mirar a súa etiqueta para coñecer onde foi fabricado.

Logo buscaremos os países e situarémolos nun mapa para coñecer onde foi feito.

 

  • Crea! TARTA DA AVOA

Imos a facer unha tarta da avoa en familia: 

  • 250 gr. de manteiga ou margarina. 
  • 2 paquetes de galletas maría 
  • 3 ovos 
  • 1 tableta de chocolate 
  • 4 culleradas de azucre.

Todos estos ingredientes podes atopalos na túa tenda de barrio. Anímaste ao consumo sostible?

 Explicámosche aquí a receita: https://tallerdesolidaridad.org/actividades-en-familia-desde-casa/

 

  • Respira! CANTO SABES DO COMERCIO XUSTO?

Para rematar o día sobre o Comercio Xusto, deixámosvos un Quizz para facer ou competir en familia.

https://quizizz.com/admin/quiz/5b90ac16b5f9240019ca5c2f/conciencias-entrenadas

 

 

Sábado 9 de maio

 

  • Móvete! XIMNASIA ACROBÁTICA

A ximnasia acrobática (tamén coñecida como Acrosport) é una modalidade deportiva que consiste en facer figuras corporais que conteñen elementos acrobáticos e ximnásticos de flexibilidade, equilibrio, saltos, xiros,.... en coordinación con outros.

É algo moi divertido que podemos facer coa xente que temos na casa. Para que non nos manquemos podemos realizar estas figuras corporais na cama, sofá ou esterilla.

Na ximnasia acrobática existen varias posicións que, resumindo, son “portor” (o que carga, fai a forza) e “áxil” (o que trepa, fai equilibrio). Recomendamos que os “áxiles” sexan os rapaces da casa.

 

Este deporte consiste en realizar as figuras (de 2, 3 ou máis persoas) e manterse estables a lo menos 3 segundos. Tenta facer estas figuras básicas:

 

 

Algúns videos exemplo de familias facendo ximnasia acrobática:

 

Outro exemplo: https://youtu.be/UJYFp4vBNUE?t=43

 

 

  • Crea! ILUSIÓNS ÓPTICAS

 

Hoxe imos a facer fotografías xogando coa perspectiva para conseguir ilusións ópticas (percepcións visuais que non se axustan á realidade do mundo que nos rodean.

Para elo podemos valernos de trucos como distintas distancias para facer obxectos mais grandes e mais pequenos, posicións de cámara diferentes, saltos para expresar movementos imposibles... e podemos axudarnos de elementos que teñamos pola casa. Trata de imitar algunha destas fotos (algunhas son das nosas actividades nos centros xuvenís) . Imaxinación ao poder!

 

 

 

 

 

  • Respira! COMPARTIR

Rescatamos un coñecido experimento social que realizou Acción contra el hambre que de seguro te fai reflexionar.

 

  • Qué crees que farías ti na situación destes rapaces?
  • Considéraste unha persoa que comparte? Pensa exemplos da túa resposta
  • Cómo cres que podes chegar a compartir cando eres rapaz? E cando eres adulto?
  • Que podo compartir HOXE? Lembra que non ten por qué ser algo material.

 

 

 

Venres 8 de maio

 

  • Móvete! XIMCANA GLOBÓTICA

Para esta actividade só precisamos dunha cousa: globos! No seguinte vídeo, temos varios exemplos de xogos que podemos practicar na casa con globos: globocesto, globo-gol, o globo perdido...

 

 

 

  • Crea! PLASTILINA CASEIRA

Hoxe propoñémosvos facer plastilina caseira. Para facela só precisamos:

  • 2 cuncas de fariña
  • 1 cunca de sal
  • 4 culleradas pequenas de aceite
  • 1 cunca de auga
  • Colorantes de cores

O primeiro que faremos será mesturar todos os ingredientes, sen os colorantes. Cando estean todos integrados. Despois botaremos un pouco de fariña na mesa para amasar por anacos. Faremos tantas bólas coma colorantes de cores teñamos. Finalmente botaremos unha cor a cada bóla, pouco a pouco, ata acadar o ton que queiramos. Se a notamos pegañenta, podémoslle botar máis fariña. Se queremos facer figuras que queiramos manter para sempre, podémolas meter ao forno.

 

  • Respira! O CORVO E A RAPOSA

 Agardamos que disfrutedes desta versión da fábula do corvo e a raposa de Jean de la Fontaine

FÁBULA (Versión galego) from Adarme Visual on Vimeo.

 

 

 

Xoves 7 de maio

 

  • Móvete! O GARDIÁN DO TESOURO

 

 

Poñede a proba o voso sentido do oído! Este é un xogo para alomenos dúas persoas. Unha persoa senta no chan en medio dun cuarto cos ollos vendados, será o/a gardián. O/a gardián ten diante, no chan ou nunha caixa se o queredes poñer máis difícil, unhas chaves ou un axóuxere (calqueira obxecto que faga ruido se non se move con coidado).

O xogo consiste en achegarse sixilosamenta ao/a gardián e tratar de coller o obxecto que agocha sen que se decate da nosa presencia e nos atrape.

Se o/a gardián nos oe e sinala na nosa dirección remata a quenda e teremos que sustituir ao/a gardián. Se nos oe cando collemos o obxecto pode atraparnos e cambiamos os papéis. Se non nos atrapa podemos celebralo por todo o alto.

 

  • Crea! BOTE A PROPULSIÓN

Imos a facer un divertido experimento químico realizando un bote a propulsión que navegará a toda velocidade pola bañeira ou nun recipiente un pouco grande con auga.

Necesitaredes os seguintes materiáis: botella de ½ l aproximadamente, palliña, vinagre e bicarbonato de sodio (atoparédelo no supermercado sen problemas).

Para construílo temos que facer un buratiño na base da botella de plástico e insertar nel a palliña. A palliña ten que estar ben axustada polo que se fai falla podédela sellar cun pouco de silicona, pegamento líquido, plastilina… para que non teña fugas.

Bótase dentro da botella un pouco de vinagre (non é moi importante a cantidade, eu puxen ¼ da botella aproximadamente). Coidado que non saia pola palliña, tapádea co dedo.

Para o seguinte paso hai que ser áxiles posto que a reacción é moi rápida. Tédeo todo preparado a man!

Bótase unha cullerada de bicarbonato de sodio e tápase a botella. 

Xa a podemos deixar sobre a auga, coa palliña para o lado de abaixo, e ver que é o que pasa.

 Ver vídeo pinchando aquí.

 A explicación é que o bicarbonato é unha sal básica e o vinagre un ácido. Cando se xuntan reaccionan producindo un gas, dióxido de carbono, e máis auga. O dióxido de carbono (gas inocuo) sube á superficie formando a escuma e sae pola palliña propulsando a botella.

 

  • Respira! RISOTERAPIA

A risoterapia emprega o riso co obxectivo de sentirse positivos/as, optimistas… que nos tempos que corren nos fai boa falla.

É ben coñecido que a risa ten innumerables beneficios e é por iso que vos propoñemos RIR ÁS GARGALLADAS!

Para empezar xuntádevos en familia a contar CHISTES. De seguro que sabedes un montón! Pero se precisades algunha axudiña podedes atopar algúns válidos para tódolos públicos no seguinte enlace: https://www.pequeocio.com/chistes-infantiles-de-jaimito/

Podemos continuar estimulando o riso cun pouco de YOGA DA RISA:

 

Podemos rematar bailando coa canción da RISA DAS VOGAIS: 

 

 

 

 

 

 

Mércores 6 de maio

 

  • Móvete! PASEO DE ANIMAIS

 

Agora que xa podemos saír a dar paseos propoñemos un xogo para facer mentres camiñamos. Unha persoa diralle á outra como que animal se deberá mover. Para elo deixamos as seguintes instrucións:

  • Burro: de puntillas, rebuznando.
  • Pato: de cuclillas, cos pés en ángulo recto, facendo "cua, cua".
  • Can collo: con dúas mans e un pé e ladrando.
  • Oso: movendo a perna e o brazo do mesmo lado á vez que imita o son do oso.
  • Cangrexo: de costas ao chan, desprázase apoiando as mans e os pés no chan e andando de costas.
  • Ra: de cuclillas, dá saltitos coas mans apoiadas entre os pés.
  • Elefante: o catro patas deben estar moi ríxidas e imita o son do elefante.
  • Gorila: as mans á altura dos xeonllos, camiña, fai acenos, emite grititos e gesticula.

Podedes inventarvos outros animais e poñer a proba ao voso compañeiro/a de paseo.

 

  • Crea! FILLOAS

Ingredientes:

  • 500 ml de leite
  • 3 ovos
  • 200 gr de fariña
  • 1 cullerada de azucre
  • Unha pizca de sal
  • Un anaco de touciño (sen salgar), manteiga (sen sal) ou aceite

 

Pomos todos os ingredientes na xerra da batidora e mesturamos ben. Gardamos a masa no frigorífico durante uns 30 minutos.

Unha vez que a masa repousou, imos preparar as filloas. En Galicia, hai unhas tixolas especiais de ferro, chamadas filloeiras, nas que se poden facer varias á vez, pero como non a teredes, utilizaremos unha tixola plana, mellor antiadherente.  Untamos a base cun anaco de touciño ibérico (sen salgar), manteiga, margarina ou un papel con aceite, cando estea quente, vertemos un cucharón de masa, movemos a tixola para que se estenda por toda a tixola. Cando os bordos comecen a dourarse e saísen burbulliñas, cos dedos ou cunha espátula, dámoslle a volta, deixamos que se faga polo outro lado e lista para comer.

A primeira filloa, case sempre sae mal, así que non vos preocupedes que cun pouco de xeito van saír todas ben. Conforme vaian cociñándose as filloas póndelas apiladas unha sobre outra nun prato, se as ides a tomar doces podedes porlle azucre por encima, entre unha e outra.

Podedes tomar as filloas con azucre e canela, con azucre glass, con mel, ou enchelas de crema de chocolate, de marmelada, ou xamón e queixo.

 

 

  • Respira! DROP

Hoxe propoñémosvos un exercicio para os momentos nos que estamos máis nerviosos/as, de xeito que nos podamos parar, tentar baixar algo o ritmo e poder continuar co que estabamos a facer.

Neste caso a invitación é para ese momento no que se pode saír da casa, de xeito que podamos parar a gozar das pequenas cousas.

As iniciais das palabras Detente, Respira, Observa e Prosigue forman: DROP.

O exercicio consiste en pararse, no momento que elixas ou no que máis nervioso/a te sintas, te pares (séntate, pecha os ollos, ou simplemente deixa de facer o que estabas a facer); collas aire polo nariz e o expulses suavemente pola boca (repetindo este ciclo 5 veces); te fagas consciente de como estas e que te rodea (identificando emocións, olores, sons, persoas, situación, etc.) e cando esteas preparado ou preparada, continues co que estabas a facer.

 

 

 

Martes 5 de maio

 

  • Móvete! JUST DANCE

É moi importante manternos activos/as durante estes días que pasamos tanto tempo no sofá e no ordenador. Así que para hoxe propoñémosvos, mover o corpo dunha forma moi divertida, bailando, e para iso que mellor que co xogo de Just Dance, sabemos que non todos tedes o xogo, por iso aquí vos deixamos algúns videos de diferentes cancións. Arriba! É hora de mover o corpo!

 

  • TUSA:

 

  • CON ALTURA: 

 

  • RITMO: 

 

  • COCO: 

 

 

 

  • Crea! MESA DE LUZ CASEIRA

Para hoxe propoñémosvos facer unha mesa de luz caseira! Que vos parece, comezamos?

Materiais:

  • Caixa de plástico transparente grande con tapa.
  • Papel aluminio.
  • Luces blancas tipo das de Nadal, luces led.

Procedemento:

  1. Forramos toda a caixa por dentro con papel aluminio.
  2. Forramos a tapa da caixa con folios blancos.
  3. Facemos un burato na caixa para introducir as luces que colocamos pegadas (silicona, fixo transparente…) arredor de toda ela.
  4. Colocamos a tapa.
  5. Podemos empregala con plantillas de acetatos de cores, con botellas sensorias que xa hai modelos de como facelas, con anacos de papel celofán, con área…

Variantes:

  • Esparcimos un pouco de fariña pola tapa e deixamos que os nosos fillos ou fillas xoguen coas súas propias mans.
  • Ofrecemos á nena ou neno algún obxecto (ex. un coche) para realizar todo tipo de trazos
  • Forramos a tapa con film transparente de cociña, colocamos unhas gotas de témpera de diferentes cores e deixamos que experimente. Podemos ofrecer un anaco de esponxa

 

  • Respira! VOAR EN GLOBO

Sabedes o que é un globo aerostático? Subiches algunha vez nun? Gustaríache facelo? Os globos énchense de aire quente e que, como pesa menos que o aire frío, os globos tenden a subir. Hoxe faremos unha viaxe en globo.

Túmbate boca arriba, coloca as mans sobre a túa tripa. Segundo o aire entra na tripa, esta se enche, e o aire, ao saír, permite que a tripa baixe e quede baleira. Fai varias respiracións.

Imaxina un voo en globo. O día é radiante. Para poder empezar a viaxe fai falta encher o globo. Para que un globo voe hai que acender un gran lume e introducir o aire quente que quentou o lume dentro do globo. Por tanto, imaxina que desde a túa boca sae aire quente por un lume interior que tes na túa tripa. Expulsa aire quente que sae do teu interior. Cando o globo está cheo de aire quente elévase e empeza a viaxe.

Estás a voar!

A terra está aos teus pés. Imaxina por onde estás a voar, a paisaxe, as persoas, os animais, o ceo... tómate o teu tempo. Despois de realizar a túa pequena viaxe en globo toca aterrizar. Para aterrizar, tes que facer o exercicio oposto ao despegamento. Aos poucos, e respirando suavemente, volverás á postura de tombado, estirado boca arriba e cos ollos pechados.

Gustouche a túa viaxe en globo? Fai un debuxo de todo o que imaxinaches onde saias ti no globo.

O descubrimento desta sesión estará centrado en tomar conciencia da respiración, para armonizar o noso estado corporal.

 

 

 

 

Luns 4 de maio

 

  • Móvete! SIGUE Á LIDER

Este xogo é un clásico, e non necesitarás ningún equipo nin material especial para poder xogar. Deixa que as crianzas xunto ca familia fagan de líder turnándose, dirixindo aos demáis para que imiten cada un dos movementos.

Anímaos a que se activen saltando, gateando, tocándose a nariz, arrastrando os pes ou utilizando a súa imaxinación de formas creativas.

É un xogo excelente tamén para traballar a motricidade grosa.

 

  • Crea! O PEQUENO ARQUITECTO

Faite cunhas caixas de zapatos, trozos de tea, pinzas de madeira, paus de xeado, palliñas, materiais reciclados de varios tipos e deixa que a creatividade do nenos se poña en marcha.

Calquera creación é posible gracias á imaxinación dos nenos/as e un pouco de asesoramento dun adulto.

 

Deixa que o neno decore o seu proxecto pegando, cortando, pintando con rotuladores ou acuarelas, e para darlle o toque final podedes utilizar plastilina e purpurina.

Unha creación así será unha satisfacción para o/a neno/a, pero para a familia tamén!

 

  • Respira! CANTEMOS XUNTOS

Cantemos en familia con Esperanza Mara:

 

 

 

Domingo 3 de maio

 

  • Móvete! ESCAPE ROOM

Os xogos de escape teñen a súa orixe nos videoxogos de aventuras das décadas dos 80s e 90s. Estos xogos tiñan una dinámica que se baseaba principalmente en ir avanzando nunha historia a través de diferentes escenarios onde se tiñan que resolver unha serie de retos tipo (quebracabezas, probas…) e empregando diferentes obxectos.

Os escape room levan en auxe uns anos e nós propoñemos probar algún estes días. Para elo temos dúas opción:

  • crear o teu propio escape room na casa (que require de tempo por parte de soamente unha persoa da casa para manter o factor sorpresa). Para elo podes empregar os consellos que atoparás premendo aquí.
  • xogar a un escape room en liña. Existen un montón deles na rede con distintas temáticas e dificultades. Aqui te deixamos unha escolma dos propios para estes días:

 

 

 

  • Crea! PERSOEIROS

Imos a crear un divertido xogo de mesa para mínimo 4 xogadores. Trátase de adiviñar persoeiros famosos.

Cada xogador dobra un folio catro veces para partilo en 16 anacos. Deste xeito todos teñen 16 anacos de papel. En cada papel hai que escribir o nome de 1 persoeiro famoso (actriz, cantante, escritor, político, debuxo animado, un membro da familia, .....). Non deben ver o que escribimos ningún xogador. Unha vez teñamos todos escritos os misturamos todos nun mesmo montón, boca abaixo. Estas serán as nosas tarxetas de xogo.

Facemos dous equipos e nos sentamos en círculo intercalando membro/s do outro equipo.

O obxectivo do xogo será adiviñar o maior número de nomes que teñen as tarxetas. Para elo o xogo se realiza así.

  • Un xogador colle o montón de fichas cara abaixo.
  • Outro xogador do outro equipo contrario comeza a cronometrar 20 segundos dende que da o sinal
  • Dende ese momento o xogador das tarxetas levanta a primeira para leer o nome que hai escrito e ten que definir ao resto do seu equipo quén é ese persoeiro para que o adiviñen. Se non sabe quen é pode pasar de definir e a tarxeta volverá ao fondo do montón e levanta a seguinte tarxeta para tentalo de novo con outra.
  • Cando o xogador do outro equipo marque o final do tempo, se fai reconto das tarxetas acertadas e se apartan do montón grande, transformándose en puntos para ese equipo.
  • Agora se pasan as tarxetas ao xogador da dereita, e cambian os roles dos equipos. Uns adiviñan e outros cronometran.
  • Unha vez que se fai unha ronda completa ou se rematan as tarxetas pasamos á seguinte fase:
  • Desbotamos as tarxetas que non deu tempo a definir na primeira fase, ou que ninguén as acertou. Nos quedamos solo coas acertadas dos dous equipos e as misturamos de novo nun solo montón.
  • Nesta segunda fase do xogo solo se pode empregar unha palabra para definir ao persoeiro. Tamén se pode pasar. Non valen xestos. Solo unha palabra. (é sinxelo, porque xa escoitamos na primeira fase todos os nomes)
  • Na terceira fase do xogo solo se pode empregar xestos para definir ao personaxe

Ao final facemos reconto de todas as tarxetas acertadas por equipo nas 3 fases.

 

  • Respira! CUALIDADES

Moitas veces nos fixamos mais nos defectos que nas cualidades das persoas, ou polo menos non expresamos todo o bo que teñen os que nos rodean. Imos a facer unha sinxela dinámica para destapar todas as cualidades que ten a xente que está na nosa casa (e descubrir as que saben nosas)

 

Cada persoa da casa ten que debuxar o perfil a súa man nun folio, e lle pon o seu nome. (se queres se pode decorar). Pegamos todos os folios nun lugar visible da casa e nos propoñemos como reto que durante o día de hoxe todos os membros da casa teñen que escribir polo menos unha cualidade  positiva no folio de cada persoa. É anónimo. O obxectivo é chegar polo menos a cinco cada un.

Xa pola noite leo o meu folio....

 

 

Sábado 2 de maio

 

  • Móvete! JUMANJI

Na seguinte ligazón tedes un taboleiro para xogar a Jumanji. Gañará o primeiro que chegue ao centro lanzando o dado e superando as probas que se nos presenten.

 

 

 

 

  • Crea! DECORACIÓN DE CANDEAS

Tendo en conta que mañá é o día da nai e as tendas están pechadas, propoñémosvos a seguinte idea como regalo súper orixinal e feito por nós mesmos na casa para as nosas nais.
Materiais:

  • Candea
  • Servilletas con deseño
  • Pegamento (cola branca)

Pasos a seguir:

  1. Separamos as capas da servilleta ata quedar só coa que ten o diseño.
  2. Recortala ata que quede aproximadamente do tamaño necesario para poder rodear o lateral da candea.
  3. Botamos cola branca polo lateral da candea
  4. Pegamos a servilleta ao redor da candea.
  5. Botamos outra capa de cola branca pola servilleta para evitar que se rompa e darlle brillo.

No seguinte vídeo ven todo explicado paso por paso:

 

 

 

  • Respira! IOGA

Hoxe propóñemosvos facer ioga pero dunha forma un pouco diferente. Deberemos lanzar un dado e segundo o número que saquemos, teremos que tentar facer as posturas que nos indica a seguinte imaxe durante 30 segundos cada unha.

 

 

 

 

Venres 1 de maio

 

  • Móvete! CORONA-"DOBBLE"

Moitos/as coñeceredes o divertido xogo do “Dobble”. Neste caso propoñémosvos a versión do xogo de cartas creado específicamente para a ocasión atopado na páxina de Facebook de "Recursos infantil y primaria". Podedes descargar directamente  o arquivo no seguinte enlace: Corona-"dobble"

Imprimide o xogo, recortade as cartas e se podedes plastificádeas con forro adhesivo ou cinta de embalar transparente para que vos dure máis.

O xogo consta de 57 cartas con 8 debuxos cada unha. Consiste en repartir unha carta a cada participante e poñer as demáis nun montón no medio. Dáselle a volta a unha carta e cada participante ten que tentar atopar un debuxo igual á do medio na que ten na súa man. Dirá o nome do debuxo que coincide e poñerá a man sobre a carta do medio. O/a primeiro/a que o faga leva a carta central. Así ata agotar tódalas cartas. Gañando quen máis cartas teña.

Pasaredes un entretido rato de diversión familiar..

 

 

  • Crea! GOMINOLAS DE FROITA NATURAL

Na vosa próxima saída ao supermercado non esquezades meter no cesto os seguintes ingredientes, que non vos serán difíciles de atopar.

Ingredientes:

  • 250 g de puré ou zume de froitas (a que máis vos guste)
  • 200 g de agua
  • 100 a 200 g de azucre.
  • 8 g de agar-agar en pó (a súa avantaxe fronte á xelatina é que permite xelificar en quente e que sirve tamén para as froitas tropicáis como a piña, que coa xelatina queda demasiado líquida)

Materiais:

  • Molde para gominolas (poden servir os dos cubos de xeo).

Preparación das golosinas:

Poñemos a ferver a auga e despois espolvoreamos sobre ela o agar-agar en pó. Sen apartar do lume, removemos constantemente deixando ferver 2 minutos máis.

Aparte, mestúrase o puré de froitas ou o zume (de fresas ou laranxa, por exemplo) co azucre (150 g).

Pasados os 2 minutos, retiramos do lume a mestura de agar-agar, mesturamos coa froita e volvemos poñer ao lume, e seguimos removendo sen parar durante 2 minutos máis. Pasado ese tempo botamos a mestura no molde elixido e deixamos enfriar a temperatura ambente.

Nunha hora aproximandamente estarán listas e pódense desmoldar. Se vos apetecen máis doces, podédelas rebozar en azucre. Se se van conservar un tempo, introducídeas na neveira. Pódense conservar nun tarro de cristal tapadas durante unha semana máis ou menos, se sodes quen de non comelas dunha sentada.

 

 

  • Respira! "FAMILY CHESTER"

Estades seguros de que vos coñecedes ben tódolos membros da familia? ídelo a comprobar! Alternativamente, actuaredes como entrevistadores ou como entrevistados/as.

Por parellas irédevos sentando no sofá e procederedes a entrevistarvos con preguntas persoais (preparade ben o voso cuestionario para cada membro da familia). Importante contestar tódalas cuestións con sinceridade. Nós facémosvos algunha suxerencia de preguntas:

  • Cal é a túa cor preferida?
  • Cal é a túa comida favorita?
  • Cal é o teu programa/a túa serie favoritos?
  • Cal é o teu libro favorito?
  • Quen é a/o túa/teu mellor amiga/o?
  • Que asignatura foi/é a túa favorita nos estudos?
  • No caso dos/as nenos/as: que che gustaría ser de maior?
  • No caso dos/as adultos/as: gústache o teu traballo? Que outro traballo che gustaría facer?
  • Cal é a túa música favorita? O/a cantante favorito/a?
  • Gústache o deporte? Cal é o que máis?
  • Cal é a tarefa da casa que máis/menos che gusta?
  • Elixe un obxecto importante na túa vida, que che traia lembranzas e que gardes con moito agarimo. De qué obxecto se trata? Por que?
  • Que é o que máis botas de menos nestes días?
  • A quen che gustaría visitar de primeiro/a cando acabe o confinamento?

Podedes incluir as cuestións que queirades. Comentade as respostas en familia. Algunha delas igual vos sorprendeu e seguro que averiguades algunha cousa nova que non sabiades.

 

 

Xoves 30 de abril

 

  • Móvete! ADESTRAMENTO EN FAMILIA

Hoxe vos traemos un blog dun profe do cole María Auxiliadora - Salesianos en Vigo, Quique Celeiro no que se anima a continuar coa Educación Física na casa. Nel atoparedes algúns adestramentos para facer en familia e mover un pouco o corpo, como por exemplo este:

 

Podedes atopar máis cousiñas interesantes nesta ligazón: En forma coa E.F.

 

 

  • Crea! MIKADO

Primeiro explicamos o xogo e despois facemos a proposta para que elaboredes o voso propio Mikado!

O xogo consiste en varias varitas de cores que se tiran ao chan ou a unha mesa. Hai que coller todos os palitos nunha man facendo que todas as puntas toquen a superficie e ábrese a man e déixanse caer ao azar.

Poden xogar dous, tres ou catro, cinco ou seis xogadores.

Empeza un xogador tentando coller un escarvadentes sen mover os demais. Se move un ou varios do resto de escarvadentes, deberá deixar o escarvadentes que tentaba coller, perdendo a súa quenda e cedéndollo ao seguinte xogador.

Podemos recoller os escarvadentes cos dedos ou axudándonos con outro escarvadentes.

Cando non queden máis escarvadentes faise o reconto de puntos seguindo estes valores:

  • 1 Banda vermella....1 PUNTO
  • 2 Bandas vermellas....3 PUNTOS
  • 3 Bandas vermellas...5 PUNTOS
  • 1 Banda azul...10 PUNTOS
  • 2 Bandas vermellas e 2 azuis...2 PUNTOS
  • 2 Bandas azuis...4 PUNTOS
  • 3 Bandas azuis...6 PUNTOS

Gaña o xogador que máis puntos teña.

 

 

Seguramente moita xente non terá o xogo na casa polo que convidámosvos a que fagades o voso dun xeito sinxelo:

Necesitaremos:

  • 30 escarvadentes de madeira deses de brocheta.
  • Rotuladores de cor verde, amarelo, azul, e vermello.

Como a cantidade de paus de brocheta e as cores inventámolos para facilitarnos o traballo, nós pensamos unhas puntuacións e unha distribución da cantidade de paus diferente á do xogo orixinal. É a seguinte:

  • 12 escarvadentes con 1 linea vermella.
  • 8 escarvadentes con 2 lineas amarelas.
  • 6 escarvadentes con 3 lineas verdes.
  • 3 escarvadentes con 4 lineas azuis.
  • 1 escarvadentes cunha lilnea de cada cor(vermello, amarelo, verde e azul)

Podedes cambiar as cores e a cantidade de liñas é só unha referencia, do mesmo xeito que a puntuación. Nós démoslle esta puntuación:

  • Vermello- 1 punto.
  • Amarelo- 2 ptos.
  • Verde- 3 ptos.
  • Azul- 5 ptos.
  • Multicolor- 10 ptos.

Colleremos as 30 brochetas e dividirémolas polos grupos marcados e empezaremos a pintar liñas usando a cor adecuada comezando polas puntas e facéndoas en ambos lados.

 

 

  • Respira! LABIRINTOS

Como moitos outros pasatempos sinxelos, que non requiren moito más que paciencia, traémosvos algúns labirintos. Facédenos chegar unha foto cando consigades chegar á meta!

 

 

 

 

 

 

Mércores 29 de abril

 

  • Móvete! NA PROCURA DO TESOURO

Hoxe queremos propoñervos organizar unha procura do tesouro pola casa. O único que precisaredes será imprimir ou copiar en anacos de papel as adiviñas que vos deixamos a continuación, e por suposto un tesouro (pode ser a merenda ou un xoguete, algo que lle faga ilusión atopar)

Seleccionade tantas adiviñas como queirades, e colocádeas por toda a casa, agás a primeira que será a que lle deamos para comezar o xogo. Seguindo a orde das pistas esconderemos a pista do dormitorio no salón, a da cociña no dormitorio, es así sucesivamente. Ata a última que será a que teña o lugar onde está o tesouro, neste caso puxemos a lavadora, pero podedes poñer o espazo/obxecto que queirades.

ADIVIÑANZAS:

  1. Estou nalgún lugar da túa casa. Onde podes sentarche e ver a tele. Tamén teño un sofá. Onde sentan dous ou tres (Salón)
  2. Úsanme máis pola noite pero non son unha lanterna. Conteño sabanas pero non son unha tenda. Teño unha porta pero non son un armario. Teño unha cama pero non son un hotel. Son unha área de cásaa pero non son unha cociña (Dormitorio)
  3. Este enigma é sobre unha habitación. Pero realmente non che fará pensar. É a do lavalouzas. Un frigorífico, conxelador, forno e vertedoiro. (Cociña)
  4. Esta é unha parte da casa. Onde algo pode ser lavado. É o lugar onde te bañas. E onde se cepillan os dentes. (Baño)
  5. É unha caixa faladora que vive en todas as casas e cala a moi alta hora. (Televisión)
  6. É venda e non se vende, é Ana, pero non é xente. (Xanela)
  7. Cando a entrada eu prohíbolles, son moitos golpes os que recibo.(A porta)
  8. Cando che vexo vesme, cando me ves véxoche e non che parezo feo.(O espello)
  9. Aínda que ao durmir consúltanme nunca adoito contestar. (A almofada)
  10. Se o tesouro queres atopar, dentro da lavadora o atoparás

 

Para os máis pequenos, en lugar de pistas podemos agochar pezas dun crebacabezas dun debuxo da estancia da casa onde está o tesouro, pode ser igualmente a lavadora.

 

 

  • Crea! MAIO EN CREACIÓN

A festa dos maios é unha festa folclórica que se realiza o primeiro domingo de maio para en en Galicia festexa o final do inverno. Os maios son figuras que se constrúen con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e ao redor delas cántase, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.

Por iso queremos propoñervos que fagades un maio creativo co que teñades en casa: ben cun debuxo ou ben creando unha figura cónica ou piramidal con diferentes materias, cartolinas, palliñas, paus... e decoralo con flores ben pintadas ou en papel.

Aquí vos deixamos algunhas ideas

 

 

  • Respira! MANDALAS CREATIVOS

Hoxe traémosvos unha actividade que podedes comezar hoxe e facer un ratiño cada día:

Imos traballar o trazo dunha forma divertida e creativa a través de mandalas. Os mandalas son debuxos para colorear detalles moi pequenos para que ti teñas que prestar moita atención e así sírvache para estar concentrado.

Necesitarás papel de cociña e rotuladores ou perfiladores. Podes usar bolis de cores no caso de que non teñas rotuladores.

Seguro que che fixaches no relevo do papel de cociña. Podemos sacarlle moito partido  resiguiendo as liñas ou ben creando figuras novas.

Gózao moito!!!

 

 

Martes 28 de abril

 

  • Móvete! DE LADO A LADO

Un grupo de estudantes de maxisterio pon en marcha unha serie de vídeos de actividades para que xoguemos na casa.
O que vos traemos hoxe é unha actividade moi sinxela e divertida para toda a familia.

Deixámosvos un vídeo no que a explican nun minuto.

 

 

  • Crea! O TEU PELUCHE

Seguimos ensinando xente que fai cousas, e esta vez son os mozos e mozas de Cruz Vermella Xuventude.

Traen unha manualidade para crear o noso propio peliche, necesitamos algodón, teas ou fieltro, agulla e hilo, tesoiras, pegamento e rotulador.

Tedes todo? Comezamos!

 

 

  • Respira! CURTA: A IMPORTANCIA DA LECTURA

Neste tempo é máis importante que nunca inculcar aos nenos e nenas o valor da lectura, e por iso deixamos unha curta que trata sobre a importancia dos libros.

 

 

 

 

Luns 27 de abril

 

  • Móvete! XOGA EN GALEGO

O xogo é unha actividade presente en todos os pobos e culturas; e de xeito permanente, na vida das persoas. E os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración e  perduran no tempo. Por elo hoxe propoñemos realizar uns xogos que de seguro xogaban os nosos avós.

 

Para elo nos axudamos do libro “Xoga en galego”, que publicamos no ano 2006 os Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, recollendo estes e moitos mais xogos populares galegos.

 

UN, DOUS, TRES, PLAN

Descrición

Unha persoa panda poñéndose de costas aos demais e de cara a unha parede (se é un lugar cerrado). Varios metros atrás deste pandote farase unha liña tras a cal se situarán os demais participantes.

Desenvolvemento

Bótanse as sortes para ver quen panda. Despois, os participantes colócanse detrás da liña debuxada no chan mentres o pandode lles dá as costas no extremo contrario do xogadeiro, tapa os ollos e batendo ambas palmas das mans na parede ou na árbore, dirá "un, dous, tres, plan" (noutros lugares dise “un, dous, tres, zapatiño quieto é” ou “unha, dúas e tres, poliño inglés”). Nese breve espazo de tempo os demais poden avanzar moi rápido e, se ao dar a volta tras dicir a frase, o pandote ve a alguén movéndose aínda, mándao recuar ata a liña de inicio, desde onde deberá comezar de novo.

A operación repítese mentres os xogadores e xogadoras se van adiantando un pouco cada vez, ata que un se achega tanto que alcanza o pandote tocándoo nas costas ou na parede –como se teña acordado– dicindo "plan". Nese momento gaña e pasa a ser el o pandote mentres os outros xogadores volven á liña de partida e comeza de novo o xogo.

O pandote pode complicar o xogo variando o ritmo da súa frase para despistar os participantes: dicíndoa moi rápido, comezándoa a modo e rematándoa de súpeto ou virándose bruscamente para sorprender os xogadores en pleno avance e facelos recuar, aínda que nunca se pode virar sen ter rematado a cantilena.

Antón Cortizas propón na súa enciclopedia Chirlosmirlos estoutra lengalenga:

“Un, dous, tres,

volta atrás

quen mova o pé.”

Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui. 

 

A PITA CEGA

Descrición

É un xogo encadrado na tipoloxía de xogos cos ollos tapados.

Un rapaz ou unha rapaza cos ollos tapados tentará pillar a alguén entre os demais participantes adiviñando logo de quen se trata.

Desenvolvemento

O obxectivo fundamental é atopar, cos ollos tapados, a algún dos participantes no xogo. Para iso se botan as sortes, decidindo así a quen lle toca facer de pita cega levando os ollos vendados cun pano.

Arrodeando todos a pita, danlle voltas para desorientala mentres se establece o seguinte diálogo:

“ – Pita cega, que perdiches?

Unha agulla e un dedal.

Pois dá tres voltas ao redor que os toparás.”

O resto dos participantes botan a correr mentres a pita cega vai atrás deles, ás apalpadas, ata dar pillado a alguén; nese momento debe adiviñar de quen se trata tenteándolle a cabeza ou a roupa. O xogador apreso puido aproveitar antes para trocar a roupa con outros compañeiros e compañeiras e así dificultar o recoñecemento por parte da pita cega. Se esta última é quen de recoñecer a súa presa, ambas as dúas persoas intercambiarán os roles do xogo entre si; de non ser así, a pita seguirá apandando ata pillar a alguén a quen poida recoñecer.

Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui

 

AS CHAPAS

Descrición

Debúxanse no chan dúas liñas paralelas en forma de serpe, con algunhas rectas, moitas curvas…, cuns oito ou nove centímetros de ancho entre elas (medidas que se poden estreitar en determinados tramos para engadir dificultade ao xogo) e da lonxitude que se queira, sinalando a saída e a meta nos extremos do percorrido.

Unha das partes fundamentais do xogo consiste precisamente na confección deste carreiro e das súas reviravoltas, o que esixe a creatividade e o acordo entre os participantes. Pódese complicar tanto como se queira, debuxando zonas de peóns, areas movedizas, pontes estreitas, pozos, cárceres, unha zona de morte, atallos… e calquera outro sinal que se lle ocorra aos nenos e nenas. Canto máis longo e difícil sexa o circuíto, máis divertido e emocionante será o xogo.

Desenvolvemento

Cada neno e nena colle a tapadeira dunha botella, marcándoa ou decorándoa cun sinal; logo énchea con barro ou plastilina para que pese máis e resulte máis fácil de controlar, xogando con ela co cu para abaixo.

Para tirar a chapa séguese un procedemento similar ao das bólas, aínda que non se colle na man, senón que permanece sempre sobre o chan: colócase o dedo índice ou o maior apoiado contra o polgar, facendo arco; ao telo ben tensado, sóltase con forza, lanzando a chapa cara adiante (é preciso algo de práctica no lanzamento, pois hai que dominar a potencia do golpe e a dirección na que se envía).

Para establecer as quendas de xogada, pódense lanzar as chapas a unha raia e os xogadores ordenaranse segundo a proximidade da súa chapa a dita raia.

Gaña quen primeiro chegue á meta.

Podes descargar a ficha completa e normas deste xogo premendo aqui

 

O TRUCO

Descrición

Debúxanse raias no chan formando os cadros que compoñen o truco. O xogo consiste en, mentres se salta á pata coxa, ir pasando coa punta do pé o peletre –un anaco de algo que teñamos na casa– dun cadriño a outro do truco, sen que fique nunca este sobre as raias nin saia fóra dos cadros. Ten moitas variantes.

Desenvolvemento

O truco é o xogo que máis variantes ten en todas partes. E tamén é o que máis evolucionou.

Por isto, imos explicar a modalidade que, cremos, máis se xoga en Galiza.

Lánzase o peletre ao cadro 1 e sáltase por riba de dito cadro para caer no cadro 2 e seguir saltando a couchopé ou, o que é o mesmo, á pata coxa, ata os cadros 4 e 5, onde hai que apoiar os dous pés, un en cada cadro. De novo á pata coxa, vaise ata a casa 6, onde se toma impulso para caer nos cadros 7 e 8 mirando en sentido contrario ao que se estaba seguindo ata o momento, dando para iso a volta no aire. De volta, hai que sacar o peletre do cadro 1 cunha patada, sempre á pata coxa, ou collela coa man permanecendo a couchopé.

Iníciase agora o segundo percorrido lanzando nesta ocasión o peletre ao cadro 2 e saltando primeiro ao cadro 1, de novo a couchopé; de aí sáltase ao cadro 3 seguindo o mesmo percorrido do mesmo xeito que a vez anterior. Ao voltar hai que empurrar a tella ao cadro 1 antes de sacala fóra. Esta operación vaise repetindo comezando cada vez nun cadro distinto, seguindo a numeración e pasando por todos os cadros. Sempre se salta, sen entrar nel, por riba do cadro no que se encontra nese momento o peletre, ata que se chega de volta e hai que empurrar este coa punta do pé sobre o que nos estamos apoiando, enviándoo entón cara aos cadros anteriores, en orde inversa, antes de sácalo fóra do truco e rematar ese percorrido.

Gañará o participante que antes complete os oito percorridos e no último, lanzando o peletre ao cadro 8, consiga pasalo polos cadros 7, 6, 5, 4, 3, 2 e 1 sen que nunca fique sobre unha raia nin saia fóra.

Cando alguén perde, pásalle a vez a outro xogador ou xogadora e cando lle toca de novo xogar, retoma o percorrido alí onde fallara.

Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui

 

 

  • Crea! XEADO

Tarde ou cedo chegará a calor e apetece tomar un xeado. Por elo recomendamos comezar pola receita máis sinxela para facer xeado en familia. Podes experimentar engadindo foita triturada á receita que vos presentamos:

 

 

  • Respira! CÁPSULA DO TEMPO

Está claro que estamos a vivir un momento histórico, que aparecerá nos libros dos estudantes de xeracións vindeiras. E pode ser boa idea que gardemos recordo destos meses para aprender a valorar os momentos cotiáns que vivíamos ate fai pouco e que pronto agardamos vivir. Por elo propoñemos realizar unha Cápsula do tempo.

 

Unha cápsula do tempo é un recipiente que encerra obxectos do momento da súa creación e que é escondido á espera de ser aberto no futuro. As cápsulas do tempo poden ser físicas, se gardan obxectos, ou virtuais se gardan arquivos multimedia. Poden ser escondidas durante un período de tempo concreto ou ata ser atopadas. As cápsulas do tempo son moi populares, atopáronse algunhas ao longo da historia mundial, foron protagonistas de películas e mesmo se atoparon  nos cimentos de edificios emblemáticos.

Escolle una caixa de metal, madeira ou cartón non moi grande, o ideal é que sexa tamaño A4.  Aquí te dicimos algunas ideas de cousas que podes gardar na caixa:

  • Algunha foto impresa destes días de ti e os que estedes na casa
  • Algo que fixeras ti nestes días na casa (un debuxo, una figura de plastilina, un texto escrito, ….)
  • 1 mensaxe que queira meter cada persoa que estea na casa e que se lerá no futuro (cando se abra a caixa)
  • A letra dunha canción que aprendiches nestas semanas
  • Un escrito teu contando cómo estas, cómo te sentiches, que/quen botas de menos, un bo e un mal momento, a que adicas o tempo,…
  • Un xornal destes días
  • Un listado de cousas que vas a facer ao rematar o confinamento
  • ….

 

Cando teñades todos os obxectos que queredes gardar na caixa, pecha a ben e metea nunha bolsa para conxelados con peche zip. Desta forma estará mellor illada da auga e a terra.

Enterra a túa cápsula ou agóchaa no fondo dun armario. Dentro duns anos se atopará

 

 

 

Domingo 26 de abril

  • Actividade xuvenil! MAXIA E BINGO

O domingo 26 queremos facer unha quedada coas mozas, mozos e animadores que poidamos dos centros xuvenís Don Bosco de Galicia (Abeiro, Abertal, Amencer, Ateibo e Don Bosco) para participar nun espectáculo de MAXIA co mago Juanky e xogar un BINGO!! (unha excusa para vernos)

  • Será as 19:00h e durará 40 min a través da aplicación ZOOM. A ligazón da conexión é esta: (CONEXIÓN FINALIZADA)

     

  • Ao clicar te preguntará se queres abrilo co navegador ou con "ZOOM", fai clic en "ZOOM" e directamente se abre unha fiestra e pregunta polo teu nome, podes poñer o que queiras. Pulsa OK e entrarás na sala de espera hasta que o administrador te dea paso.
  • Non esquezas activar o audio apretando o icono dos auriculares que hai abaixo á esquerda ("entrar en el audio") e marcar "llamar a través del audio del DISPOSITIVO"
  • Prepara os 2 cartóns con antelación descargando esta plantilla e cubreo cos números que queiras: (LIGAZÓN PECHADA)
  • Admítense calquer tipo de complemento/disfraz para a chamada
  • Se non tes a aplicación "ZOOM" desde o movil podes descargala previamente en https://play.google.com/store/apps/details?id=us.zoom.videomeetings Apple: https://apps.apple.com/es/app/zoom-cloud-meetings/id546505307
  • Funciona mellor dende o rdenador: https://zoom.us/download#client_4meeting

Anímate e conéctate!!

 

  • Móvete! XINCANA DE PROBAS

  1. O consinto: con mímica teremos que explicar en 30 segundos o noso xogo favorito. No caso de fallar: teremos que cantar unha canción.
  1. Facédevos con dúas tinas e varios obxectos que poidan flotar e non se estropeen na auga. Hai que encher unha das tinas de auga e meter todos os obxecto nunha deles. O obxectivo consiste en pasar os obxectos da tina con auga á que esta baleira empregando só os pés.

  1. Debuxante: nun minuto hay que facer un debuxo da toda a familia nunha folla de papel.
  1. Tedes que facer circuitos no chan (pódense facer con cinta adhesiva), e utilizando unha palla de plástico e unha bola de papel, tratar de percorrer o circuito ser saírse do mesmo, senón haberá que volver ao principio. Se só hai un xogador, o obxectivo será tratar de facer o percorrido no menor tempo posible. Se hai varios xogadores, cómpre facer varios circuítos e xogar á vez.

  1. Limbo: suxeitamos unha corda, os xogadores terán que pasar tres veces por debaixo desta que cada vez estará un pouco máis baixa.
  1. Saltos: marcamos no chan varias distancias e temos que saltar cos pés xuntos, dunha a outra distancia e despois á pata coxa entre as marcas.

 

  • Crea! BROWNIE EN CUNCA

Ingredientes:

  • Un ovo
  • Dúas culleradas de fariña
  • Dúas culleradas de azucre
  • Unha cullerada de cacao en polvo ou colacao
  • Dúas culleradas de aceite
  • Dúas culleradas de leite

Meteremos todos os ingredientes nunha cunca, mesturámolos ben e finalmente meteremos a cunca no microondas durante un minuto e medio/dous e xa estará listo o noso brownie para romar só ou acompañado dun pouco de xeado.

 

  • Respira! O XOGO DA IMAXINACIÓN

Cun dado, podedes xogar co seguinte taboleiro a imaxinar que faríades en cada unha das seguintes situación. Sería interesante compartir as nosas reflexións en familia.

 

 

Sábado 25 de abril

Imos a facer deste sábado un día de festa para levantar o ánimo. Adicarémolo á música nas súas diversas versións.

 

  • Móvete! XOGOS MUSICAIS

  • Descubrir os sons. A ver como andades de oído. Alguén da casa terá que vendar os ollos e descubrir os obxectos que fará soar a/o compañeira/o de xogo. Podedes empregar os obxectos máis diversos que teñades pola casa para poñer a proba os vosos oídos.

  • Xirar o micrófono: Fórmase un circulo e ponse o micrófono (podédelo facer co que teñades na casa) no centro. Faise xirar e a quen apunte debe elixir entre bailar, cantar ou contar un segredo.

  • Estatuas musicáis: Poñede a vosa música favorita e bailade con ganas. Cando alguén pare a música teredes que quedar quedos coma estatuas, se alguén se move perde o xogo.

  • Agora podemos tentar aprender diferentes ritmos coa percusión. Non necesitades un tambor moi sofisticado, abondará cun balde e uns paos (ou cubertos de madeira):

 

 

  • Crea! INSTRUMENTOS MUSICAIS

Para convertervos en verdadeiros artistas, podedes probar a facer a vosa propia música construíndo os vosos propios instrumentos:

  • Maracas: cun recheo de arroz e un envase baleiro seguro que sodes quen de crear unhas estupendas maracas. Decorádeas ao voso gusto.
  • Kazoo: cun tubo de cartón do papel de cociña, un trozo cadrado de pepel celofán (10x10 cm) e unha goma elástica podedes facer este divertido instrumento. Para iso hai que facer un burato no tubo, a uns 6 cm dun dos extremos. Ponse o trozo de celofán no extremo do tubo máis próximo ao burato que fixemos e suxéitase con goma elástica. Decórase o kazoo e a facer música. Lembra que hai que falar ou cantar polo extremo libre do tubo (non soprar).
  • Xilófono: Moi sinxelo e divertido. Só necesitades uns cantos vasos (ou botellas de vidro pequenas). Énchense con diferentes cantidades de auga. Cunha culler metálica e unha de madeira golpéanse os vasos e poderedes observar os diferentes efectos musicáis.
  • Frauta/palliña para os máis profesionais ;-):

Seguro que se vos ocorren moitos outros instrumentos reciclados. Enviádenos algunha foto!

 

 

  • Respira! RENATO NICANOR

Imos adicar un momento a escoitar a historia de Renato Nicanor, o flamenco máis flamenco:

 

Como vedes é unha historia que fala de esforzarse por conseguir aquilo que de verdade se quere.

Pensade por un intre nos vosos soños, naquilo que de verdade esperades poder acadar algún día. Que estades dispostos/as a facer para conseguilo?

Pois máns á obra. Hoxe é un bo día para comezar a dar pasiños para logralo.

E ánimo, que o estades a facer moi ben. Axiña nos atoparemos de novo.

Apertas!

 

 

Venres 24 de abril

  • Móvete! MISIÓN IMPOSIBLE

Propoñémoste unha serie de probas para facer individualmente (contrareloxo) ou competindo contra outra persoa.

- Cun espagueti (na boca) conseguir enfialo nun macarrón (ou 3), sen empregalas mans.

- Poñer unha galleta na fronte e, sen empregar as mans, conseguir metela na boca.

- Poñer o maior número de prendas de roupa posible e volver a colocalas no menor tempo.

- Cantar unha canción de Disney facendo viravoltas.

- Pescudar o nome de todas as plantas que hai na casa.

- Facer rir a alguén da familia (sen facer cóxegas).

- Localiza nun mapa 5 cidades que comecen polas diferentes vocais.

- Cantar unha canción de animación pola ventá (para animar á veciñanza).

- Estar durante 1min haciendo la gallina.

- Citar 5 ríos de España.

- Imitar a una estatua famosa (Estatua de la Libertad, Cristo Redentor, Venus de Milo, Discóbolo, Buda Tian Tan, Augusto de Prima Porta, etc.) e que alguén da casa adiviñe.

- Decir el trabalenguas de los 3 tristes tigres (con una galleta en la boca).

- Bailar un vals con alguén da casa (se é con música mellor) .

- Levar unha pelota de papel rodando, sen empregar as mans, unha distancia de 2 metros.

- Conseguir adiviñar algunha: https://www.cocolisto.com/listado-adivinanzas-dificiles-adivinar/

 

  • Crea! PINTURILLO

Esta é unha aplicación gratuíta para o teléfono coa que poder xogar ao Pictionary doutro xeito, competindo. Pódese xogar coas persoas coas que vives, con xente doutras casas que invites a unha partida ou “contra a máquina”.

 

Aquí tedes o enlace no que descargala: https://play.google.com/store/apps/details?id=air.com.pinturillo2free.pinturillo2free&hl=es_PR

 

 

  • Respira! SON UN BONECO DE NEVE

Este exercicio de relaxación baséase en pasar dun estado de tensión a un de relaxación muscular, dunha maneira simbólica e lúdica. Proponse aos nenos e nenas que son bonecos de neve ou cubitos de xeo, totalmente conxelados durante o inverno.

Neste estado inicial deben tensar todo o que poidan os músculos e estar inmóbiles e encolleitos. Con todo, esta chegando a primavera e co sol, o cal os vai ir derritiendo aos poucos. Con iso, de forma progresiva o neno ha de ir relaxando os músculos,estirándose e destensándose.

 

 

Xoves 23 de abril

  • Móvete! BAILAMOS COS CONTOS

Aquí vos deixamos cancións de diferentes contos, para que inventedes un baile ou simplemente bailedes ao seu ritmo.

Arriba todo o mundo! Poñede a música a todo volume que chegou a hora de mover o body!

 CORRE, CORRE, CABACIÑA!: 

 

 O POLO PEPE: 

 

 COCORICO: 

 

EN CABÁRCENO, ESCOITASE CANTAR:

 

 

  • Crea! CORRE, CORRE, CABACIÑA!

 

Que mellor que pasar o día do libro, cun conto! Se queres aventura, lánzate á lectura!

Para hoxe queremos propoñervos o libro de Corre, Corre, Cabaciña! da editorial OQO. Neste enlace tedes o conto a vosa disposición:

 

Para rematar, crearemos a nosa propia cabaciña da forma que vos queirades! Podedes facer e pintar un debuxo nun folio, facela nunha cartolina ou incluso se tedes lá en casa, facendo un pompón.

O importante é deixar voar a imaxinación!

 

 

  • Respira! MEDITACIÓN DA PRAIA

Os vídeos de meditación para nenos son unha fantástica forma de introducir esta beneficiosa práctica aos máis pequenos.

Unha práctica regular de meditación axúdavos a reducir a tensión, previr a ansiedade e a xestionar situacións estresantes.

Ademais, moitos nenos necesitan axuda para mellorar a súa capacidade de atención e acougar a súa mente.

Se podes escóitao antes de durmir. Se non cando o escoites tenta estar relaxado.

 

 

 

 

Mércores 22 de abril

  • Móvete! OCA EN FAMILIA

Hoxe traemos un xogo familiar ben diferente, a idea ven de Ana Ballesteros e foi sacada da páxina Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/xogamos-a-oca/.
O xogo mantén a estrutura tradicional, pero en cada casilla ten unha proba para manternos entretidos toda a partida.

 

  • Crea! DOMINÓ DE PEDRAS

Imos crear o noso propio dominó de cores, para iso tan só necesitamos 28 pedras e elexir 7 cores para pintalas.

Cada cor ten que ter unha pedra doble, e o resto dunha metade a súa cor e as outras 6 cores.

Unha vez pintadas podemos marcar un permanente a liña divisoria e xa teríamos o noso dominó de cores.

 

 

  • Respira! EXERCICIOS DE RESPIRACIÓN

Invitámosvos a tomar consciencia da nosa respiración, un video para todas idades que nos axudará un pouquiño a meditar.

 

 

 

 

Martes 21 de abril

  • Móvete! A POLAS CORES

Para este xogo precisamos un dado. En cada unha das caras do dado, poremos a forma na que nos debemos desprazar: en crequenas, saltando, de xeonllos, á pata coxa, reptando polo chan, marcha atrás...

  • Ademais, precisaremos de uns pequenos círculos de cores que podemos recortar de material reciclado (cartolina, goma-eva, caixa de cereais, de zapatos...).
  • Espallamos polo chan os distintos círculos de cores.
  • Lanzamos o dado e temos que desprazarnos da forma indicada ata o círculo da cor que nos indique outro xogador.
  • Por exemplo: xogamos dúas persoas, unha lanza o dado e lle sae á pata coxa, terá pois que ir á pata coxa ata as cores que lle indique a outra persoa. Esta poderalle indicar máis dunha cor na mesma quenda.
  • No seguinte vídeo temos un exemplo:

 

 

 

  • Crea! ESPECTROSCOPIO CASEIRO

Un espectroscopio é un instrumento para observar os espectros da luz que se emprega para dividir a luz en diferentes lonxitudes de onda. Con este experimento queremos que vexades a descomposición da luz branca en diferentes cores, o mesmo que ocorre co arco da vella.

Materiais: un tubo de cartón longo (de papel de cociña), un cúter, un CD vello, un lapis, un anaco de cartolina, cinta adhesiva, pintura e pinceis (opcional, depende de cómo queirades decorar o voso espectroscopio).

Faremos un corte diagonal no tubo no que encaixar o CD. Á mesma altura faremos un burao polo que mirar. Tapamos a parte de arriba do tubo cun anaco de cartolina ao que lle faremos tamén un burato.

O CD actúa como rede de difracción dividindo a luz branca en varios faces de luz que viaxan en diferentes direccións, o ángulo no que se desvía a luz depende da cor, o azul desvíase un pouquiño, o verde un pouco máis e o vermello aínda máis.

 

 

  • Respira! O CONGRESO DOS RATOS

Érase unha vez unha familia de ratos que vivía na despensa dunha casa. Eran felices, pero vivían co medo de ser atacados por un enorme gato, de maneira que nunca se atrevían a saír xa que, fora de día ou de noite, ese temible inimigo sempre os estaba a vixiar. Un bo día, decidiron poñerlle fin ao problema, polo que celebraron unha asemblea a petición do xefe dos ratos, que era o máis vello de todos. Este díxolle aos presentes:

- Mandeivos convocar para que entre todos tratemos de atopar unha solución. Non podemos vivir así!

- Pido a palabra! – dixo un pequeno rato moi atento.

- Atemos un cascabel ao gato e así saberemos en todo momento por onde anda.

Tan interesante foi a proposta que foi aceptada por tódolos roedores entre grandes aplausos e felicidade. Co cascabel estarían salvados xa que ao facer ruído lles avisaría da chegada do inimigo co tempo suficiente para se poñeres a salvo.

- Silencio! – gritou o xefe dos ratos para logo engadir: – queda pendente unha cuestión de suma importancia: quen de todos nós lle vai poñer a cascabel ao gato?

Ao oír isto, tódolos ratos quedaron calados porque non era capaces de responder tal pregunta. E voltaron correndo ás súas covas famentos e tristes.

 

 

Luns 20 de abril

  • Móvete! XOGAMOS CON CONTOS

Os xogos que vos propoñemos están inspirados en historias que de seguro coñecedes e, senón, investigade un pouquiño.

  • Don Quixote e a loita cos xigantes/muíños: Collede un pau de escoba (coma se fora a lanza de Don Quixote) e tratade de atinarlle a unha papeleira, caixa ou similar dende un extremo ao outro do corredor (coidado con non romper nada). A ver a cantos xigantes/muíños sodes quen de lles dar e dende que distancia.
  • Os tres porquiños e o lobo: Situade nunha mesa diferentes obxectos con pesos diversos, tales coma un vaso de plástico, unha barra de pegamento, unha peza de madeira dalgún xogo, un bote de conservas baleiro… o que teñades pola casa. Teredes que soprar e soprar ata os obxectos derrubar… Cal é máis doado? Cal vos costou máis?
  • A cestiña de Carrapuchiña vermella: Collede varias pelotiñas pequenas (ou facedeas de papel, unhas 10) e tirádeas pola habitación na que fagades o xogo. Teredes que recollelas no menor tempo posible para a vosa “cestiña”. Cronometrade a ver quen é o máis rápido da familia.
  • O gato con botas: Teredes que facer unha carreira pero con zapatos doutra persoa da familia, cunha talla diferente. Seguro que non resulta moi doado ir con zapatos demasiado grandes ou demasiado pequenos.

Podedes elixir a vosa historia favorita e inventar un xogo con ela.

 

  • Crea! DADOS CON HISTORIAS

Agora imos a ser creadores de historias, contacontos, escritores literarios… Imos a empregar a dinámica dos dados conta historias ou, para quen gusta do inglés, os “story cubes”.

Igual algúns os tedes na casa, pero para quen non, ímolos a facer. O material que necesitaredes será papel, lápis, unhas tesouras e pegamento ou cinta adhesiva.

O primeiro paso é debuxar cinco cubos abertos en dúas dimensións, como o da foto.

 

 

Cada cubo se adicará a un tema, debuxando ou escribindo diferentes palabras sobre o mesmo. Os temas que vos recomendo son: PERSONAXES (meiga, doutora, transportista, policía, repoñedor, por exemplo), MEDIOS DE TRANSPORTE (coche, camión, avión, tractor, moto), LUGARES (hospital, supermercado, parque, horta, granxa), ACCESORIOS (mascarilla, xabón, peite, candea, lápiz), ANIMALES (can, gato, dinosaurio, serpe, balea). Pero podedes poñer o que queirades, deixade voar a imaxinación. Unha vez feitos os debuxos ou escritas as verbas, hai que recortalos e pegalos polas solapas ata formar os cubos.

Unha vez confeccionados os cubos, xa  podedes crear diferentes historias. Lanzádeos e imaxinade un conto coas palabras que vos saian nos dados. Podédelos escribir e valoralos con puntuacións: un punto positivo cada palabra dos dados que empreguedes; un punto negativo cada falta de ortografía (se os escribides). Vós poñedes as regras!

Facédenos chegar as vosas historias máis loucas! Jijiji

 

  • Respira! CONTO DO LUNS (DOS "COLORES OLVIDADOS")

 

 

Agora pensade un intre nesas pequenas cousas que vos fan felices a todos/as e cada un de vós nestes días tan excepcionais. E nas que pronto recuperaremos!

 

Recordos e apertas!

 

 

Domingo 19 de abril

  • Móvete! PESCA INDOOR

Para este xogo precisaremos: papeis de cores (ou calquera papel reciclado), forro de libros (o no seu defecto fixo, cinta adhesiva grosa), tesoiras, clip (un por cada xogador), anaco de la/fío/cordón (un por cada xogador) e un pau (un para cada xogador). E o lugar de xogo será ao redor dunha tina, caldeiro, bañeira, etc. con auga.

Para facer os peixes: debuxaremos os peixiños en papel e os forraremos ben (xa que os imos  a meter na auga). A cada un deles lle faremos un buratiño (se temos un sacabocados mellor, senón, facemos dous pequenos cortes en cruz e logo recortamos o burato do tamaño que queiramos. Podemos botar os peixos na auga.

Para a cana de pescar, lle atamos nun extremo do pau o fío, e no outro extremo do fío, o clip. Teremos que deformar un pouco o clip para que quede en forma de gancho e conseguir insertalo lo buratiño dos peixes.
E listo, a pescar!

 

  • Crea! POMPAS DE XABÓN

Para o líquido hay moitas propostas en internet pero con xabón lavaplatos diluido en auga, abonda.

 

Estas divertidas serpes de xabón pódense facer utilizando unha botella de plástico co fondo cortado e un anaco de toalla posto sobre o oco, sostido por un elástico. Mollando a punta coa toalla en auga xabonosa, ao soprar polo pico da botella sairá unha espectacular serpe de xabón.

 

Cunha botella de plástico cortada podemos facer pompas esféricas grandes.

 

Pero se queredes facer pompas realmente grandes, podedes facer un instrumento especial con dous palliñas e fío de algodón (o que se usa para cociñar). Pasades o fío por dentro das palliñas, pechades cun nó, e logo molládelo ben na solución para facer pompas de xabón. Levantádelo con coidado, e movédelo rapidamente para facer as pompas.

 

  • Respira! A SAIA DA CAROLINA

Neste espazo tamén hai tempo para cantar e bailar coma tolos. Unha cantiga popular que coñecemos todos e todas pode ser “A saia da Carolina”, pois aquí ensinamos unha versión con moito ritmo de “Uxía Lambona e a banda molona”

 

No seu canal de Youtube descrubriredes máis temazos! 

https://www.youtube.com/channel/UCUd4p5q1RctezprJuep6TWA

 

 

 

 

Sábado 18 de abril

  • Móvete! CARREIRA DE AVIÓNS

Que mellor que un ha carreira de avións para pasar a tarde?

Precisarás un par de cartolinas A3, se non tes, non hai problema, colle unha bolsa de lixo grande e un pouco de celo. Prepara o taboleiro como na imaxe, facendo buracos de diferentes tamaños e coloca puntuacións a cada un.

Agora si, cada xogador deberá preparar o seu mellor avión de papel, busca a mellor aerodinámica para gañar velocidade de voo.  

Unha vez teñades todo listo, non esquezades papel e boli para anotar as puntuacións!

A carreira comeza en 3,2,1...XA!!

 

 

  • Crea! COOKIES

INGREDIENTES:

  • 350 de fariña
  • 200 de manteiga
  • 200 de azucre
  • 2 ovos
  • 1 chisco de sal
  • Unha cullerada de fermento químico en po
  • 1 cullerada de aroma de vainilla (opcional)
  • 1 cunca de chips de chocolate branco ou negro, ao teu gusto

PROCEDEMENTO:

  1. Prequenta o forno a 200º.
  2. No bol bate a manteiga co azucre ata ter unha crema, agrega a vainilla e os ovos, o sal e o fermento, mesturando ben.
  3. Logo engade o recheo elixido, en leste caso perlas de chocolate (ou chocolate picado a coitelo pero que estea moi frío), mestura ben e incorpora a fariña, sempre mesturando moi ben. Ten que quedar unha masa compacta con aspecto de faragullas.
  4. Distribúe a preparación coa culler nunha bandexa engrasada, deixando espazo entre elas porque crecen bastante. Esmaga un pouquiño coas mans húmidas ou cunha cullerada para que queden regulares.
  5. Enforna de 10 a 15 min. ou ata que comecen a dourarse.
  6. Retira e deixa arrefriar a temperatura ambiente. Ata que non se arrefrían do todo non se endurecen e collen a súa textura.

 

  • Respira! PELOTA ANTIESTRÉS

Moitas veces sentimos presión e tensión no corpo polas situacións que vivimos no día a día. Pero hai técnicas e mecanismos para axudar a destensar o noso corpo. Unha delas, é a pelota antiestrés. Esta semana imos facer unha.

Os que teñamos internet podemos facelas seguindo este vídeo:

 

Os demais podemos seguir estas indicacións:

  • En primeiro lugar mesturaremos nun recipiente, fariña e arroz por cada dous vasos de fariña poremos un de arroz e mesturarémolo ben.
  • Cando xa teñamos a mestura axudarémonos dun embude para encher o noso globo, e cubrirémolo con dous globos máis, unha vez teñamos a pelota do grosor que queremos.
  • A continuación para reforzalo e que sexa un pouco máis resistente utilizaremos outros globos para envolvelo un pouco máis, para iso recortaremos a punta e cubrirémolo con dous globos máis
  • Unha vez teñamos a base da nosa pelota antiestrés con globos podemos decorala para que sexa un pouco máis divertida, imos facer un poliño e un porquiño.
  • Para facer o poliño intercalaremos un globo amarelo un laranxa e outro amarelo desta maneira obteremos un pico de cor laranxa e o resto do noso poliño será de cor amarela.
  • Para facer o porquiño faremos o mesmo pero xogaremos cun ton rosa e un vermello para o fociño e xa para terminar acabarémolos de decorar cun rotulador permanente de cor negra.

Entre as vantaxes que podemos atopar o uso de pelotas antiestrés é para fortalecer os músculos da man, relaxarnos, mellorar o noso estado de ánimo, aliviar a tensión e mellorar a coordinación dos nosos músculos.

 

 

 

Venres 17 de abril

  • Móvete! A COUSIÑA AGOCHADA

Un xogo ao que se pode xogar a calquera idade, e non necesitas nada máis que unha cousiña. Simplemente hay que buscar un sitio onde agachala, e o resto da familia ten que buscala. Logo, a persoa que a encontre, deberá agochala e o resto encontrala.

Un xogo moi sinxelo que non necesita nada máis que unha cousiña e ganas de pasar un rato en familia.

 

  • Crea! LÁMPADA DE LAVA

Imos a crear unha bonita lámpada de lava, tan só necesitas: aceite, auga, colorante ou témpera, un vaso transparente e pastillas efervescentes.

 

Agora que temos todo, comezamos botando auga ata a metade do vaso, logo un pouquiño de colorante ou témpera para darlle cor, e despois engadimos o aceite ata encher o vaso. Unha vez temos o vaso cheo tan só temos que engadir a pastilla e esfervescente.

Se queda algunha dúbida podes repasar todo en este vídeo:

 

  • Respira! IOGA

Xa vimos videos de posturas de ioga, pero esta vez compartimos unha imaxe para que poidas ter algunhas das posturas máis coñecidas e prácticalas en casa, cantas sodes capaces de facer?

 

 

Xoves 16 de abril

  • Actividade xuvenil ! ADESTRAMENTO HIIT

Ademais das actividades diarias para rapaces e familias queremos facer unha quedada coas mozas e mozos que poidamos dos centros xuvenís Don Bosco de Galicia (Abeiro, Abertal, Amencer, Ateibo e Don Bosco) para facer unha pequena sesión de deporte. O principal obxectivo é vernos e animarnos nestes días de confinamento, aproveitando para facer un pouco de deporte.

  • A actividade proposta será unha sesión de adestramento HIIT con Daniel Gallego - gurú fitness-.
  • Será de nivel básico, que todo o mundo pode facer
  • O material preciso é roupa de deporte e unha esterilla ou toalla.
  • Se alguén quere pode dispoñer de algún complemento/disfraz para unha foto de grupo
  • Será o xoves 16 ás 18:00h e durará 40 min a través da aplicación ZOOM. A ligazón da conexión é esta: CONEXIÓN FINALIZADA

 

 

 

  • Móvete! FAMILY PARTY

Hoxe propoñémosvos facer un xogo de mesa ao grande sen necesidade de ter o xogo.

O xogo consistirá en lanzar un dado e, dependendo do número que saia, facer unha ou outra proba. A proba a terá que superar a persoa que tire o dado. As probas son as seguintes:

  1. Password: se sacamos o número un, xogaremos ao Password que consiste en tratar de que o contrincante adiviñe unha palabra. Para acadalo, darémoslle pistas, pero estas pistas só poden ser palabras. Non valen xestos, nin frases enteiras. Para obter as palabras, podedes usar un xerador de palabras aleatorias online como o seguinte: 

    https://www.palabrasque.com/palabra-aleatoria.php

  2. Pictionary: se sacamos o número 2, xogaremos ao Pictionary que consiste en debuxar un obxecto e os demais o adiviñen.

  3. Pregunta trivial: se sacamos o número tres, farannos unha pregunta de estilo Trivial, se a adiviñamos gañaremos o punto. Podemos atopar preguntas deste tipo na seguinte páxina: https://psicologiaymente.com/desarrollo/preguntas-para-ninos-de-primaria

  4. Mímica: se sacamos o catro faremos unha proba de mímica que consistirá en facer unha representación mediante xestos (sen falar) dun animal, unha profesión, un obxecto, unha emoción, un deporte, unha sensación...

  5. Adiviña a canción: se sacamos o número cinco, teremos que adiviñar unha canción tarareada.

  6. Se sacamos o seis, podemos escoller facer a proba que queiramos das anteriores.

 

 

  • Crea! COLLAGE

  • Materiais: Tixeiras, pegamento o cola, materiais para reciclar (revistas, cartolinas, xornais...), cartolina ou folio onde facer o collage.

 

  1. En primeiro lugar precisaremos un boceto do debuxo ou fotografía que queremos realizar. Sen boceto non obteremos bos resultados. Para realizar un collage podemos empregar diversos tipos de materiais, pero o máis axeitado é o papel. Se gardamos as revistas en lugar de tiralas, poderemos arrincar aquelas páxinas que nos chamen a atención polo seu colorido, as súas fotografías, etc. A continuación pódense distribuír por cores en diferentes arquivos ou caixas de cartón para o seu fácil almacenamento: desta forma teremos todos os tons de vermello nun arquivo, todos os azuis noutro, etc. Cando necesitemos estampar o ceo, por exemplo, saberemos exactamente en que arquivo buscar os tons azuis.
  2. O pegamento pódese aplicar ao fondo e pegar inmediatamente anacos de revistas ou outros materiais reciclables. Para iso podemos empapar unha esponxa con pegamento e simplemente aplicala sobre o papel antes de pegalo. Non hai unha secuencia correcta e incorrecta de pegar pezas. Cada neno aplicará a técnica que lle resulte máis cómoda. As pezas pódense pegar unhas con outras, sen preocuparse realmente pola precisión, e ata deixando espazos entre as pezas.

OPCIONAL: Unha vez terminado o traballo pódese vernizar e enmarcalo, colocándolle un vidro. Nunha zona sombreada da parede conservarase mellor e evitaremos que as cores da imaxe se desvanezan.

 

 

  • Respira! CURTAMETRAXE THE FANTASTIC FLYING BOOKS OF MR. MORRIS LESSMORE

Animámosvos a que vos sentedes a ver esta curtometraxe cuxo obxectivo e recalcar a importancia da lectura e tratar á súa vez de fomentala. A lectura pode ser unha das nosas mellores aliadas nestes tempos nos que non podemos saír á rúa, pode ser unha maneira de transportarnos a diversos lugares sen movernos do noso cuarto.

A curtometraxe é a seguinte:

 

 

 

Mércores 15 de abril

  • Móvete! XOGOS DE COORDINACIÓN E EQUILIBRIO

Imos a ver que tal vos movedes despois de tanto días confinados en pouco espazo. Tentade isto:

  • Labirinto: Trátase de trazar unha liña laberíntica no chan e camiñar por riba dela tratando de manter o equilibrio, cun pé detrás do outro. A liña podédela marcar con cinta adhesiva, ou cunha lá pegada no chan, ou con tiza que despois limparedes. Cronometrade o tempo que vos leva facer o percorrido e tratade de superar as vosas marcas persoais. Podedes complicar o xogo metendo un pouco de arroz nunha bolsiña, nun calcetín… e levándoa en equilibrio sobre a cabeza mentres facedes o percorrido. E para rizar o rizo, podedes poñer obstáculos que ir sorteando sobre o trazado.
  • Convírtome en…: Haberá que realizar unha carreira de relevos polo corredor da casa pero cunha particularidade, cada volta se fai desprazándose dun xeito diferente: correndo cara adiante, cara atrás, lateralmente, convertíndose en gatiños, en monstruos, en enaniños, nun coche de carreiras, nunha tartaruga, nun cangrexo, nun pirata cunha pata de pao (á pata coxa), lento coma un caracol, rápido coma unha gacela, coma unha serpe (arrastrándose)...
  • Cambia de roupa: É unha carreira de relevos na que o relevo se da cambiando a chaqueta co/a compañeiro/a. Cronometrade o tempo que vos leva facer o percorrido.
  • Caza de cores: Quen queda berra unha cor e os/as demáis terán que ir correndo a tocar algo que sexa da devandita cor. Se quen queda te pilla antes de que a toques intercambiades os papéis.

 

  • Crea! MARIONETA DE CALCETÍN

Seguro que estes días atopástedes algún calcetín desparexado, se cadra a lavadora tiña fame… jiji. Non o tiredes! podedes aproveitar para facer un bonito títere. Botádelle imaxinación! Se non dispoñedes de tódolos materiáis seguro que topades algunha alternativa: botóns, lá, cartolina, retais de tela, cartón...

 

 

  • Respira! BONECA CORA

Agora que tedes o voso títere podedes crear un conto para el. Aquí vos deixo un ben interesante, o da boneca Cora.

 

Levamos moitos días xuntos/as en casa e podemos estar un pouco cansos/as, pero cun pouco de respecto e agarimo imos a superalo todo. Ánimo!

Podedes mandarnos os vosos contos de calcetín.

 

Unha aperta dos/as animadores/as.

 

 

Martes 14 de abril

  • Móvete! UNHA XUNGLA NO SALÓN

Para este xogo necesitarás unha baralla de cartas e algunhas moedas de céntimo de euro. Cada xogador elixe o son dun animal diferente. Unha vez que vos aprendestes todos, repartiredes cartas dunha nunha. Cando dous xogadores teñan naipes iguais "dous sotas, dous setes ou dous ases" cada un deles terá que facer o ruído do contrario. O que o faga antes quítalle unha moeda ao outro. Gañará o que máis moedas obteña cando se repartiron todas as cartas.

 

  • Crea! TEATRO DE SOMBRAS

Materiais

  • caixa de cartón por exemplo de zapatos
  • papel de seda branco
  • cartolina negra
  • palitos de brocheta
  • tesoiras, cúter
  • celo
  • opcionais: cartolinas, rotuladores

Pasos

  1. Se usades unha caixa de zapatos, só teredes que cortar unha xanela no fondo, como vemos nas imaxes. Se a caixa é moi profunda podedes cortala para que quede duns 10 ou 15 cm. de profundidade como máximo.
  2. Recortamos un rectángulo de papel de seda uns centímetros máis grande que a xanela e pegámolo por detrás co celo
  3. Se o desexamos decoramos o teatro con figuras de cartolina pegadas no bordo
  4. Para facer os monicreques, debuxamos as siluetas dos personaxes en cartolina negra e recortamos. Ao debuxar temos que ter en conta que deben ser reconocibles, polo que convén debuxar os personaxes de perfil, ou pola contra calar detalles internos co cúter, como vemos no caso dos monicreques de Star Wars na imaxe máis abaixo.
  5. Pegamos os monicreques aos palitos de brochetas cun trocito de celo

 

Pincha aquí para descargar a plantilla: http://ukkonooa.blogspot.com/2015/01/itse-tehty-varjoteatteri-diy-shadow.html

Para que o teatro de sombras funcione como tal, debemos colocar unha fonte de luz por detrás do teatro, e apagar as luces xerais. Se pomos o teatro ao bordo dunha mesa, os titiriteros poderán acomodarse por baixo, aínda que tamén podemos pegar os palitos de lado, de maneira que os monicreques póidanse manexar desde os lados do teatro.

 

Pincha aquí para descargar a plantilla: https://childhood101.com/star-wars-shadow-puppets/

Tamén se poden proxectar as sombras na parede, apagando as luces xerais e colocando un foco de luz a unha certa distancia. Os monicreques deberanse colocar entre a luz e a parede. Se vos gustan estes monicreques de Star Wars, podedes descargar os persoais gratis na ligazón que está debaixo da imaxe.

 

  • Respira! CIRQUE DU SOLEIL

Agradecemos que todas as ramas do arte e da cultura estean poñendo da súa parte para que todo o mundo poda acceder a espectáculos como os do Cirque du Soleil

Aquí podes gozar dun dos seus espectáculos:

 

 

 

Luns 13 de abril

  • Móvete! O TRUCO

Que  vos parece se movemos un pouco o corpo cunha competición? Hoxe propoñémosvos unha variante deste xogo tradicional, para iso necesitaremos: Folios, ceras, celo, cronómetro e moita enerxía!

A idea é, primeiro é facer con folios e ceras ou pintura de dedos ou  directamente imprimir varias imaxes de mans (dereita e esquerda) e pés (dereito e esquerdo), o número dependerá  do longo e o complexo que o queirades facer,. Unha vez as teñamos, iremos facendo diferentes combinación como vedes na imaxe, como mínimo tedes que colocar 10 ringleiras. Pegádeas ben no chan dun espazo amplo ou no corredor de casa, para que non se movan. E preparádevos, collede un cronómetro para ver quen é o máis rápido, que comezamos! Aquí deixamos un vídeo resumo: https://pin.it/PM54kud

 

  • Crea! BOLSA SENSORIAL

MATERIAIS:

  • Bolsa con peche hermético
  • Cinta adhesiva
  • Cartolina ou cartón de cor branca
  • Témpera (Se non tedes , podedes facela cocendo unha cunca de fariña, dúas de auga e unha cullerada de sal ata que quede unha masa entre sólida é acuosa; unha vez cocida, separádeas en 7 partes e engadide unhas gotas de colorante alimenticio)

PROCEDEMENTO:

  1. Recortamos a cartolina ou cartón para que entre na bolsa.
  2. Engade unha cullerada de cada cor de pintura con coidado de non manchar o plástico.
  3. Unha vez teñas as cores desexadas no interior, pecha a bolsa e asegúraa con cinta adhesiva.
  4. Podemos comezar a pintar!!

 

  • Respira! O ELEFANTE ENCADEADO

Por Jorge Bucay

Moitas veces sentimos que nos somos capaces de conseguir a nosa meta, en ocasións porque nos poñen a etiqueta de que non imos poder, noutras porque  nós mesmos dicimos frases como "non son capaz", "é imposible", "eu non podo", etc., logrando así darnos por vencidos.

Por que non outra vez máis ou por que non tentalo, aínda que creamos que non podemos? As persoas cambiamos co tempo. Non sempre nos atopamos nas mesmas circunstancias e o que hoxe parece imposible, quizá mañá non o sexa. Aquí temos un breve conto de Jorge Bucay, convertido xa nun clásico, que nos fala de todo isto.

Neste momento no que nos atopamos onde non debemos rendernos, este conto axudaranos a atopar as claves.

 

 

 

 

Preme aqui para consultar as actividades pasadas dende o 26 de marzo ao 12 de abril