• Móvete!  (xincanas, actividades deportivas, videoxogos, baile,...)
  • Crea!  (obradoiros, xogos de mesa, receitas,...)
  • Respira!   (lecturas, reflexións, para manter esperta a cabeza e o corazón)

 

 

Domingo 12 de abril

  • Móvete! BAILA EN FAMILIA

Non podemos deixar de facer execicio, e unha das formas máis divertidas que coñecemos é bailando, e máis, se o podes facer en familia.

Así que vos animamos a intentar seguir os pasos do baile inventado por esta familia.

 

Podes compartir os teus bailes familiares no correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

  • Crea! CARREIRA DE GUSANOS

Imos facer unha gran competición de gusanos, pero primeiro teremos que facer o noso verme e decoralo ben.
Para facelo simplemente temos que dobrar un pequeno papel en forma de rectángulo, podedes seguir as indicacións do vídeo.

 

Ademáis, encontraredes moitras outras manualidades para facer na casa.

 

 

  • Respira! AVOIÑA, QUE PASOU EN MARZO DE 2020?

 

Animámosvos a ler esta pequena reflexión https://n9.cl/06za e que logo vos animedes a crear o voso propio conto en perspectiva de futuro. É importante facer a reflexión cos nenos/as, para ver cómo explicarían eles/as esta situación, xa que así nos axudaría a ver como a están vivindo.

Podedes enviarnos a vosas historias a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

Sábado 11 de abril

  • Móvete! APRENDEMOS HIP HOP

Hoxe propoñémosvos mover un pouco o corpo a ritmo de hip hop. Para elo, deixámosvos uns vídeos de coreografías de hip hop para nenos/as:

• Everybody:

 

• Hotel:

 

• God’s plan:

 

 

  • Crea! OVO SALTARÍN

Se cres que todos os ovos se rompen ao caer é porque aínda non fixeches este experimento!

Materiais:

  • 1 ovo
  • Vinagre
  • 1 bote de vidro con tapa

Pasos:

  1. Abre o bote, coloca dentro o ovo e, a continuación, bótalle vinagre ata que quede completamente cuberto.
  1. Pecha o bote e déixao así durante dous días.
  2. Cando abras o bote, saca o ovo e descubrirás que se trata dun ovo que agora é capaz de botar.

Explicación:

Ao mergullarse o ovo en vinagre, este penetra no interior do ovo o que fai que se converta nun elemento elástico.

 

  • Respira! RELAXACIÓN

Ao levar tantos días na casa, temos a sensación de que estamos perfectamente descansados. Non obstante, unha parte moi importante do descanso é a relaxación. Ata que punto estamos relaxados?

Propoñémosvos seguir o seguinte vídeo para lograr esa relaxación:

 

 

 

 

Venres 10 de abril

Hoxe, Venres Santo, propoñémosche empezar o día cun divertido momento familiar e disfrutar así deste tempo de vacacións ESPECIAL polas circunstancias.

  • Móvete! RECREANDO O ALBUM FAMILIAR

Buscade nos álbumes familiares (tanto en papel como dixitáis) 5 ou 6 fotografías que vos gusten. Tratade de recrealas escenificando de novo o momento no que foron feitas, retrotraéndovos no tempo (o cal pode ser moi divertido, quitándovos algúns anos de enriba, jeje). Tratade de identificar as emocións que sentiades naquel momento e falade sobre iso. Porque tiñamos esta ou aquela cara? En que lugar foron feitas? Algunha situación que ocorrese naquel intre, ou inmediatamente antes ou despois?

Seguro que despertades un montón de lembranzas e emocións.

  • Crea! NAZARENO DE PAPEL

Para ambientarnos un pouco neste día de Venres Santo e poñer a proba as nosas habilidades manuais, propoñemosvos dous xeitos de facer un nazareno de papel. Faranvos falla poucos materiáis que de seguro atoparedes por casa.

 

Podedes facer varios e montar o voso propio paso de Semana Santa.

 

  • Respira! CELEBRAMOS O VENRES SANTO

Preparade ben este momento. Debuxade unha cruz de papel e sentádevos en círculo nun espazo cómodo e tranquilo, cunha música relaxante. Respiramos con calma e facemos o sinal da cruz.

Lemos o evanxeo: Mc 15, 16-27,35-41

Podemos axudarnos do seguinte vídeo:

Dialogamos recordando que acontecemento lembramos hoxe e aproveitamos para lembrarnos dos que padecen nestes días no mundo, polas máis diversas causas, polas cruces que cargan cada día e polas que nos toca cargar, e imos pedir por todo iso. Escribímolo na cruz que debuxamos: polos enfermos, polos anciáns, polos que están sos… podemos poñer nomes propios e, como cristiáns, pedimos tamén polo Papa e pola Igrexa. Ofrecémoslle todas estas intencións a Xesús na cruz, porque sabemos que non remata todo aquí.

Terminamos este ratiño rezando xuntos o NOSO PAI.

 

Que teñades un bo día! Unha aperta das animadoras e animadores dos Centros Xuvenís Salesianos de Galicia!

 

 

Xoves 9 de abril

  • Móvete! FEIRA DA PUNTERÍA

Como si nunha feira estiveramos, propoñemos unha serie de xogos de puntería cos que probar sorte, pódese xogar máis dunha persoa e competir, o premio o decidides vós!

  • Inserta o aro: cos materias que se propoñen na imaxe ou con outros que atopemos na casa (o pau do recolledor, cartolinas, cartóns reutilizables, etc.). Cada vez que acertes, intenta facelo máis lonxe, a ver ata onde chegas.

 

  • Suma puntos: Cunha estructura sinxela de cartón (ou incluso de tubos de cartón do wc) debúxalle os puntos e colócaos en forma de pirámide. Busca unh boliña ou algo que encestar, e a xogar!

 

  • Pinpon vaso: colocando oas vasos en forma de triángulo no extremos dunha mesa, intentaencestar unha boliña (que bote) dándolle un bote primeiro, dende o outro lado da mesa

 

  • Tirar a pirámide de latas: coas latas de refresco baleiras que teñamos na casa, podémolas decorar e facer unha pirámide do alto que queiramos, para derrubalas precisaremos unha bola ou semellante (por exemplo: unha esponxa, un trapo de cociña atado cunha goma do pelo).

 

 

  • Crea! TIRACHINAS

Algún dos anteriores xogos, podémolo versionar se somos quen de fabricar o noso tirachinas, e para elo ofrecemos diferentes versións:

  • Para esta versión precisamos cortar a parte superior dunha botella de plástico e colocarlle a parte traseira dun globo (recortando a súa parte máis estreita) na boca da botella.

 

  • Con calquera goma (do pelo, gomas elásticas, gomas “de pollo”, etc.), colocámola como na imaxe, tendo en conta que o que se pode lanzar nesta ocasión é un anac de papel dobrado.

 

 

  • E por último, cun rolo de cartón e a parte superior do globo (a boca, a parte estreita).

 

 

 

  • Respira! MANDALAS

 

Os mandalas teñen a súa orixe na India. De feito o seu nome vén do sánscrito e significa roda ou círculo, de aí esa forma tan circular coñecida que ten, aínda que cabe anotar que actualmente os podemos atopar con formas de todo tipo. Para os Budistas os mandalas serviron tamén ao longo dos anos como axuda no proceso da meditación. Segundo esta filosofía, concentrar a mente na realización de mandalas promove a conexión entre o creador ou debuxante e a divindade, unha conexión única e especial que ten como obxectivo o desenvolvemento persoal, aínda que sexa simplemente para construír un adorno.

Aquí deixamos unha escolma deles. Podes imprimilos e corolealos ou tamén, calcalos nun folio sobre a pantalla!

 

 

 

 

Podes descargar mais premendo aqui

 

 

 

 

Mércores 8 de abril

  • Animadores dos Centros Xuvenís! BINGO

Hoxe mércores 8 queremos facer unha quedada cos animadores que poidamos dos centros xuvenís Don Bosco de Galicia (Abeiro, Abertal, Amencer, Ateibo e Don Bosco) para xogar un BINGO!! (unha excusa para vernos)

  • Será as 19:00h e durará 40 min a través da aplicación ZOOM. A ligazón da conexión é esta: CONEXIÓN FINALIZADA

     

  • Ao clicar te preguntará se queres abrilo co navegador ou con "ZOOM", fai clic en "ZOOM" e directamente se abre unha fiestra e pregunta polo teu nome, podes poñer o que queiras. Pulsa OK e entrarás na sala de espera hasta que o administrador te dea paso.
  • Non esquezas activar o audio apretando o icono dos auriculares que hai abaixo á esquerda ("entrar en el audio") e marcar "llamar a través del audio del DISPOSITIVO"
  • Prepara os 2 cartóns con antelación descargando esta plantilla e cubreo cos números que queiras: ligazón pechada
  • Admítense calquer tipo de complemento/disfraz para a chamada
  • Se non tes a aplicación "ZOOM" desde o movil podes descargala previamente en https://play.google.com/store/apps/details?id=us.zoom.videomeetings Apple: https://apps.apple.com/es/app/zoom-cloud-meetings/id546505307
  • Funciona mellor dende o rdenador: https://zoom.us/download#client_4meeting

 

Vémonos e moita sorte!!

 

 

 

 

  • Móvete! CANCIÓNS DE ANIMACIÓN

En cada unha das nosas actividades sempre comezamos facendo algunha canción de animación para espertar e estirar o corpo con moito ánimo!  Sabemos que non é o mesmo, os nosos animadores/as teñen as súas propias versións e unha posta en escena única, pero seguro que cando vexades algunha destas cancións, ademais de animarvos, traeranvos moi bos recordos:

El baile del cuadrado:

 

 El arca de Noé:

 

Si estás feliz:

 

 Soy una taza:

 

 

Algo un pouco máis movido:

 

  • Crea! SPINNER DE PAPEL

Para crear un spinner  de cartón de cores, precisarás:

  • Unha corda fina
  • Dous círculos de papel do mesmo tamaño
  • Dous círculos de cartón do mesmo tamaño que os do papel.
  • Rotuladores de cores
  • Tesoiras
  • Pegamento de barra

Agora comezaremos a preparar o xoguete:

  1. Comezaremos facendo dous círculos iguais sobre un folio. Podes usar un compás ou un recipiente como guía. Nun folio entran dous círculos.
  2. A continuación teremos que poñernos creativos e facer o noso mellor deseño sobre eses círculos cos rotuladores. Non é necesario cubrir ambas casas. Cando rematemos de colorear, recortamos os círculos.
  3. Sobre un cartón non demasiado gordo, trazamos dous círculos do mesmo tamaño que os do papel. Despois recortámolos e pegamos os círculos de papel a cada lado.
  4. Finalmente, facemos dous buratos no centro do cartón, por onde introduciremos unha corda fina ou un fío duns 70cm de largo. Tras pasar a corda polos buratos facemos un nó, e....LISTO! PODEMOS COMEZAR A XOGAR!

Aquí vos deixamos os pasos en vídeo por se tedes algunha dúbida:

 

 

  • Respira! OBSTÁCULOS: MEDITACIÓN

 

Hoxe queremos propoñervos algo para rapaces/zas un pouquiño máis maiores e adultos, que precisan un momento para deterse. Ofrecémosvos un momento de meditación co texto Obstáculos de Jorge Bucay,

 

Por Jorge Bucay

Este texto que reproduzco aquí no es en realidad un cuento, sino más bien una meditación guiada para explorar las verdaderas razones de algunos de nuestros fracasos. Me permito sugerirte que lo leas lentamente, intentando detenerte unos instantes en cada frase, visualizándote en cada situación.

Voy andando por un sendero.  Dejo que mis pies me lleven.

Mis ojos se posan en los árboles, en los pájaros, en las piedras. En el horizonte se recorte la silueta de una ciudad. Agudizo la mirada para distinguirla bien. Siento que la ciudad me atrae.

Sin saber cómo, me doy cuenta de que en esta ciudad puedo encontrar todo lo que deseo. Todas mis metas, mis objetivos y mis logros. Mis ambiciones y mis sueños están en esta ciudad. Lo que quiero conseguir, lo que necesito, lo que más me gustaría ser, aquello a lo cual aspiro, o que intento, por lo que trabajo, lo que siempre ambicioné, aquello que sería el mayor de mis éxitos.

Me imagino que todo eso está en esa ciudad. Sin dudar, empiezo a caminar hacia ella. A poco de andar, el sendero se hace cuesta arriba. Me canso un poco, pero no me importa.

Sigo. Diviso una sombra negra, más adelante, en el camino. Al acercarme, veo que una enorme zanja me impide mi paso. Temo… dudo.
Me enoja que mi meta no pueda conseguirse fácilmente. De todas maneras decido saltar la zanja. Retrocedo, tomo impulso y salto… Consigo pasarla. Me repongo y sigo caminando.

Unos metros más adelante, aparece otra zanja. Vuelvo a tomar carrera y también la salto. Corro hacia la ciudad: el camino parece despejado. Me sorprende un abismo que detiene mi camino. Me detengo. Imposible saltarlo.

Veo que a un costado hay maderas, clavos y herramientas. Me doy cuenta de que está allí para construir un puente. Nunca he sido hábil con mis manos… Pienso en renunciar. Miro la meta que deseo… y resisto.

Empiezo a construir el puente. Pasan horas, o días, o meses. El puente está hecho. Emocionado, lo cruzo. Y al llegar al otro lado… descubro el muro. Un gigantesco muro frío y húmedo rodea la ciudad de mis sueños…

Me siento abatido… Busco la manera de esquivarlo. No hay caso. Debo escalarlo. La ciudad está tan cerca… No dejaré que el muro impida mi paso.

Me propongo trepar. Descanso unos minutos y tomo aire… De pronto veo, a un costado del camino un niño que me mira como si me conociera. Me sonríe con complicidad.

Me recuerda a mí mismo… cuando era niño.

Quizás por eso, me animo a expresar en voz alta mi queja: -¿Por qué tantos obstáculos entre mi objetivo y yo?

El niño se encoge de hombros y me contesta: -¿Por qué me lo preguntas a mí?

Los obstáculos no estaban antes de que tú llegaras… Los obstáculos los trajiste tú.

 

 

 

Martes 7 de abril

  • Móvete! XOGO DE PISTAS

Material: Unha foto ou un debuxo

Descripción: Antes de comezar o xogo, temos que recortar o debuxo ou a foto para que sexa un puzzle, tras o cal cada peza esconderase pola casa..

Obxetivo: Encontrar todas as pezas e formar o puzzle.

 

 

  • Crea! MARCAPÁXINAS ANGRY BIRDS

Materiais: Cartulinas de cores, tesoiras, pegamentos de barra, rotuladores permanentes negros.

Vídeo explicativo:

 

 

  • Respira! IMAXINAR FIGURAS NAS NUBES

 

Nestes días que temos tanto tempo libre, ás veces é importante pararse a respirar, por iso vos animamos a xogar toda a familia a buscar figuras nas nubes.

O único que necesitas é unha fiestra e nubes, que por sorte en Galicia non faltan, é un exercicio para manter a imaxinación e a creatividade en forma.

 

 

Luns 6 de abril

  • Móvete! XOGO DE PROBAS EN LIÑA

No seguinte enlace hai un xogo que consiste en superar distintas probas para podar abrir un cadeado. Para acadalo, haberá que superar distintas probas como facer un baile o facer pesas: https://view.genial.ly/5e707aef45bfe40fc00b16f2/game-labirinto-motor-infantil-2o-ep

 

 

 

 

  • Crea! PAPIROFLEXIA

Hoxe propoñémosvos facer un taller de papiroflexia. Nos seguintes vídeos, móstrase paso a paso como facer un grulla, un peixe e un dinosaurio. Ánimo!

GRULLA

 

PEIXE

 

DINOSAURIO

 

 

  • Respira! O COXO E O CEGO

Nun bosque preto da cidade vivían dous vagabundos. Un era cego e outro collo; durante o día enteiro na cidade competían o un co outro.

Pero unha noite as súas chozas incendiáronse porque todo o bosque ardeu. O cego podía escapar, pero non podía ver cara a onde correr, non podía ver cara a onde aínda non se estendera o lume.

O collo podía ver que aínda existía a posibilidade de escapar, pero non podía saír correndo.

O lume era demasiado rápido, salvaxe- , así pois, o único que podían ver con seguridade era que se achegaba o momento da morte.

Os dous déronse conta que se necesitaban o un ao outro. O collo tivo unha repentina claridade: «o outro home, o cego, pode correr, e eu podo ver». Esqueceron toda a súa competitividade.

Nestes momentos críticos nos cales ambos ían enfrontar á morte, necesariamente esquecéronse de toda estúpida enemistade, puxéronse de acordo en que o home cego cargaría ao collo sobre os seus ombreiros e así funcionarían como un só home, o collo pode ver, e o cego pode correr.

Así salvaron as súas vidas. E por salvarse a vida, fixéronse amigos e deixaron atrás todas as seus conflitos.

 

 

Domingo 5 de abril

Ola! Hoxe é un día especial, Domingo de Ramos, e por iso tamén imos a ter unha programación especial. Tivemos a Coresma para preparar os corazóns para a Pascua e, que esteamos confinadas/os na casa non nos impedirá vivila, só temos que ter o corazón aberto e regalarnos un pouco de tempo en familia para compartila.

Imos a preparar o momento creando un bo ambiente e decorando o noso espazo. Para iso propoñémosche

 

  • Crea! 

PORTACANDEAS / XARRÓN

buscaremos pola casa un vaso de plástico o outro recipiente que sexa transparente. De seguido colleremos tres anacos pequenos de papel e cada un fará o seu propio debuxo, unha vez que este rematado e pintado o recortaremos e con celo ou pegamento o pegaremos ao redor do noso recipiente que quedará convertido nun portacandeas ou bonito xarrón. Nós o decoramos cun coronavirus pero podedes elixir outra imaxe que prefirades.

 

Unha vez que xa o temos decorado ao noso gusto podemos introducir unha vela (pode ser a pilas se temos) no seu interior, ou usalo como xarrón para colocar a palma de Ramos que imos a realizar a continuación.

 

 

PALMA DE RAMOS

 

E unha vez feita a nosa palma ou ramiño para este Domingo de Ramos, podemos preparar unha sobremesa doce para degustar en familia. Unhas ricas torradas! Seguro que na vosa casa tedes a vosa receita particular pero aquí vos deixo unha coa que saen moi boas e que se fan deseguida.

 

 

TORRADAS

Para unhas 6 persoas (se sodes menos dividide as cantidades ou tocaredes a máis! Jiji) necesitaredes:pan do día anterior,  ½ l de leite, 2 ovos, aceite de oliva, 100 g de azucre en pó, canela.

Primeiro quéntase o leite co azucre. Vértese a mestura quente nun prato e empápase nela o pan en rebandas sen que se desfaga. Póñense as rebandas nun prato para que escorran. Mentres bátense os ovos. Pásanse as rebandas de pan polos ovos batidos e frítense ata que queden douradas por ambos lados. Bótaselles por riba canela e azucre ao gusto. Pódense comer frías ou quentes.

 

 

  • Respira! 

Agora temos o ambiente perfecto para xuntarnos en familia e ler xuntos o evanxeo de Xoan 12, 12-18:

Entrada triunfal en Xerusalén:

Ó outro día, a xente que viñera á festa, oíndo que Xesús viña a Xerusalén, apañóu ramas das palmeiras e saíulle ó encontro exclamando:

Hosanna! Bendito o que vén no nome do Señor, o Rei de Israel!

Xesús atopou un burriño, e montou nel, conforme está escrito: Non temas, filla de Sión, mira que vén o teu rei, montado nun burriño. Ó comenzo os seus discípulos non comprenderon estas cousas; pero cando Xesús foi glorificado, entón lembráronse de que estaban escritas del e que así llas fixeron. As persoas que estaban con el cando mandara a Lázaro saír da sepultura e o resucitara de entre os mortos, daban público testemuño.

Podemos ver unha versión de debuxos animados:

 

Nun breve tempo de silencio, con música suave de fondo como a proposta:

pensamos que é o que queremos aprender de Xesús nestes días: a súa humildade, a súa valentía, a súa integridade e coherencia, o seu amor ata o extremo…

E rematamos xuntas/os rezando o NOSO PAI.

Podedes enviarnos fotos do que fagades ao correo do Centro Xuvenil ou da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

Bo día a todas/os!

 

 

 

Sábado 4 de abril

 

  • Móvete! PARCHÍS EN MOVEMENTO

Propoñémosvos dous xogos de mesa convertidos en xogos de probas, podedes cambiar as probas ao gusto, ou incluso poñerlle retos aos contrincantes.

A Oca, por se sodes menos membros en casa ou o parchís!

 

 

 

 

  • Crea! ROTULAR CAMISETAS

Seguramente teñamos algunha peza de roupa que non usamos, pois nesta cuarentena imos decorala tentando darlle unha nova vida útil.

Para elo precisaremos papel de forno, unha plancha, e as virutas de afilar as pinturas de cera. O resto dos pasos os podedes ver no seguinte vídeo.

 

 

  • Respira! iDIOTS

Unhas curtametraxe coa que pararse a pensar sobre o noso uso das redes e das novas tecnoloxías.

IDIOTS from BLR_VFX on Vimeo.

 

 

Venres 3 de abril

  • Móvete! ZUMBA KIDS

Estes días precisamos manter o corpo activo, por iso deixámosvos unha proposta do máis divertida con algunhas clases dirixidas de Zumba para nenos/as:

I like to move it:

 

Electronic Song – Minions:

 

Uptown:

 

Gangnam Style:

 

 

  • Crea! CIENCIA DIVERTIDA

 

MENSAXES SECRETAS

Materiais:

  • Limón
  • Papel
  • Pincel limpo o bastonciño de algodón
  • Lámpada de escritorio ou candea

Procedemento:

  • Espremer o limón e colocar o zume nun recipiente pequeno, esta será a nosa tinta invisible.
  • Mollar o pincel ou bastonciño de algodón no zume de limón, e comezar a escribir sobre a folla de papel en branco.
  • Unha vez feito, deixar que seque.
  • Para ler a mensaxe oculta, só terás que aplicar calor sobre o papel. Achegar o papel á lámpada ou á candea para poder quecelo. A calor fará que a mensaxe escureza , permitindo ler o que escribimos!

 

CHOIVA

Materiais:

  • Escuma de afeitar ou escuma para o cabelo
  • Vaso
  • Auga
  • Colorante alimenticio ou acuarela líquida
  • Culler pequena

Procedemento:

  • Encher ¾ do vaso con auga da billa.
  • Usa a espuma para crear unha nube na superficie da auga, deixar repousar un par de minutos.

Engadir varias gotas de colorante alimenticio enriba das nubes de escuma. A medida que a nube pesa máis polo colorante, observarás como cae a auga creando un efecto similar a chuvia.

 

ARCO DA VELLA

Materiais:

  • Vaso con auga
  • Espello
  • Cuarto escuro
  • Lanterna

Procedemento:

  • Coloca o vaso de auga sobre unha mesa e coloca o espello no seu interior coa parte interior en ángulo.
  • Asegúrate de que o cuarto quede totalmente a escuras, pecha cortinas,persianas, portas..
  • Colle a lanterna e dirixe a luz ao espello que está no vaso. Observa como aparece un arco da vella!

 

 Se queres facer outros experimentos, bótalle un ollo a este enlace:  https://arbolabc.com/experimentos-caseros-para-ni%C3%B1os

 

  • Respira! SÓ RESPIRA

É difícil expresar as emocións a calquera idade. E, é un desafío aínda maior descubrir por primeira vez que e como é o que estamos a sentir cando temos pena ou rabia. É por isto que Julie Bayer Salzman e Josh Salzman nomearon a esta curtametraxe de só 4 minutos como «Só Respira».

Ambos crearon este vídeo porque se inspiraron nunha conversación que escoitaron do seu fillo de 5 anos. O pequeno estaba a falar cun amigo e contáballe como as súas emocións afectaban diferentes partes do seu cerebro e como había que acougarse a través de simples respiros.

Exercitar o noso cerebro e saber porlle palabras e expresión ás nosas emocións axúdanos a desenvolvernos e a ter éxito na nosa vida. O vídeo móstranos como traducir as nosas emocións a palabras é unha parte vital da súa comprensión dado que as palabras conéctanse cos sentimentos en si mesmos.

Propómosche que vexas o seguinte video:

 

 

 

Xoves 2 de abril

  • Móvete! SIGUE AS CORES

Este é un xogo moi sinxelo no que tan só necesitas dous folios en blanco, e algúns de cores diferentes. 

É unha competición de un/ha contra outro/a no que hay que repetir a secuencia ao más estilo ‘Simon’.

No vídeo podedes ver unha mostra dos xogo:

 

 

 

  • Crea! DEBUXA SOMBRAS

Aproveitando que de vez en cando Lorenzo fainos unha visitiña, podemos facer esta bonita manualidade, tan só temos que coller os nosos xoguetes favoritos e poñelos de perfil ao sol sobre un papel, e así poderemos dibuxar a súa sombra.

Esperamos ver os vosos debuxos!

 

 

 

  • Respira! ALGO QUE CONTAR

Recomendámosvos a páxina: https://aulasgalegas.org/, un portal educativo feito por docentes para axudar nesta situación de illamento, onde podedes encontrar infinidade de materiais para traballar cas crianzas.

Alí encontramos un conto chamado: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

https://aulasgalegas.org/a-toupina/

Está adaptado con pictogramas e elaborado polo CEIP Plurilingüe “Anxo da Garda” de A Coruña.

Disfrutádeo!

 

 

 

 

Mércores 1 de abril

  • Móvete! XOGO DE EQUILIBRIO

Materiais precisos: 

  • Folios, rotus ou lápices de cores e cinta adhesiva. 
  • Opcional: pintura de dedos. 

Imos facer un percorrido coas siluetas das nosas mans e os nosos pes, que logo teremos que seguir. 

Para poder facer as siluetas, temos varias opcións: 

  1. Debuxar e colorear as siluetas dun pé esquerdo, un pé dereito, unha man esquerda e unha man dereita. Una silueta por folio. 
  2. Pintar as siluetas con pintura de dedos (ou con calquera tipo de pintura que teñamos dispoñible na casa). Pintamos as nosas palmas das mans e as plantas dos pés con pintura de dedos, e ímolas marcando en distintos folios. 

Para xogar, facemos 10 filas horizontales, e en cada fila haberá 3 folios de siluetas distintas. Cada fila indica a forma na cal debemos percorrer ese camiño.Si na primeira fila hai un pé esquerdo, unha man dereita e unha man esquerda, así temos que colocarnos, e así sucesivamente. 

Olla neste enlace un exemplo: https://www.pinterest.com/pin/783556035157266168/

 

  • Crea! LABIRINTO DE CARTÓN

Materiais: 

  • Caixa de cartón ( de zapatos ou similar) 
  • Pallas de diferentes cores 
  • Dados (opcional) 
  • Tubos de papel higiénico 
  • Pegamento forte 
  • Bóla pequena (canicas, bóla de papel de aluminio, etc..) 

A tapa dunha caixa de zapatos pintada dunha divertida cor pode constituír a base para facer este labirinto. Toma unhas pajitas de diferentes cores e algúns elementos reciclados. Podes usar, dados ou anacos de construción cadrados e rectangulares. Pega todas as pezas seguindo un labirinto que terá que completar unha pequena bóla no menor tempo posible. Para facilitar a construción do labirinto, podes debuxalo antes no fondo da caixa, e así despois só terás que pegar as pezas, encima do modelo debuxado.

 

  • Respira! ALIKE

 

 Hoxe propoñémosvos que vexades a seguinte curtometraxe sobre a importancia da imaxinación e a creatividade, non só dos nenos e nenas, senón tamén dos adultos.

 

 

 Por que toda a xente da cidade é gris? Que fai diferente ao protagonista? Por que cremos que o neno perde a súa cor? Como a pode manter?

 

 

 

Martes 31 de marzo

  • Móvete! MÍMICA

Que tal se vos dan os xestos? Pois imos a practicar:

  • Notas o que escribo?: Xogade por parellas (se sodes impares facede turnos). Unha persoa escribiralle á outra na espalda co dedo primeiro unha letra, despois unha palabra, ata facer un debuxo se queredes… e terá que adiviñar. Coidado coas cóxegas! Podedes provocar un ataque de risa!
  • Palabras no aire: Alguén escribirá unha palabra no aire co dedo e as/os demáis terán que averiguala. Quen acerte gaña un punto, podedes facer un taboleiro para ir anotando as puntuacións. Se queredes complicalo un pouco podedes escribir frases completas, como “eu quedo na casa”; ou tamén, escribilas con outras partes do corpo… como o cóbado ou o traseiro! Seguro que resulta divertido!
  • Palabras a cegas: Alguén terá que vendar os ollos. Outra persoa, colléndolle a man, escribirá nun papel unha palabra, ou fará un debuxo para que quen ten os ollos vendados adiviñe.
  • Xogo das películas: Este é un xogo clásico onde alguén fai mímica (sen falar e sen sons) para representar algunha película e os demáis teñen que adiviñala. Pero non por ser clásico deixa de ser un xogo divertido e que nos fará pasar un bo rato, ademáis de coñecer se estamos postos ao día no que a cine se refire.

 

  • Crea! MAXIA

Gústavos a maxia? Pois aquí atoparedes algún espectáculo que vos pode interesar:

 

 

https://institutodemagia.com/magiaencasa/

 

 

 

Coñecestes a alguén? Verdade que sí?

Pero mellor aínda, gustaríavos ser vós as/os magas/os por un día? Pois imos a aprender uns truquiños con cousas que atoparedes pola casa:

  • Mazá:

 

  • Caixa de mistos:

 

  • Corda cortada:

 

  • Goma do pelo:

 

 

  • Respira! CONTO DO ALFAREIRO

Nestes días xuntaránsenos moitas emocións e ás veces sentirémonos abrumadas/os pero imos a tratar de pensar que somos capaces de máis do que pensamos. Ás veces, as persoas non podemos soas (como nesta ocasión) pero apoiados polas persoas que nos queren: a familia, as/os amigas/os, as/os animadoras/os… ás veces por persoas que nin nos coñecen pero traballan polo ben de todas/os: persoal sanitario, persoal de supermercados, persoal de limpeza... e, por suposto, por Deus que nos acompaña sempre, seremos capaces de superar os obstáculos que nos parecían insalvables.

 

 

 

 

 

 Luns 30 de marzo

 

  • Móvete! TWISTER

O Twister é un xogo divertido que seguramente todo o mundo coñece. Consiste en colocar unha especie de alfombra de plástico con círculos de cores. Logo hai que realizar un lanzamento para que unha frecha indíquenos a cor que habemos de pisar e debemos pór un dos membros sobre un círculo desa tonalidade.

Para facer un Twister caseiro pode botarlle unha ollada a este vídeo:

 

 

 

  • Crea! XOGOS DE PAPEL E LAPIS

     

Porque non sempre temos todos vos recursos que nos gustarían e nalgúns casos non somos tantas persoas en casa como para facer grandes xogos.

Aínda que nesta ligazón atoparedes unha morea de ideas as nosas propostas son as seguintes:

http://www.ideasverdes.es/15-xogos-de-papel-e-lapiz-para-xogar-con-ninos-en-calquera-parte/

 

  1. BOMBA VAI!!! ( NAVECITAS )

Un destes xogos que lembro da miña infancia como moi divertido, xógase entre dúas persoas e temos que coller unha folla en branco e dividila pola metade trazaremos unha linea para dividir o campo de batalla, cada unha das metades os xogadores debuxasen as súas naves ou barcos usando diferentes símbolos ou cores. Pódense debuxar tantas como queiramos pero con 10 sera mais que suficiente.

 

 

 

Unha vez debuxamos o campo de batalla toca a diversión, trátase de lanzar bombas desde a nosa zona de batalla á zona do outro xogador. Neste xogo practicaremos a vision espacial e trataremos de calcular a traxectoria da bomba. Debuxaremos un punto ben marcado na nosa zona como vos mostramos na imaxe, tratando de calcular a distancia á que se atopa a nave do noso adversario.

 

Agora só fáltanos saber se calculamos ben e dobramos a folla de tal maneira que se marcamos ben a nosa bomba quedase unha pequena marca no anverso da folla, neste momento marcaremos outra vez con boli fortemente para que sobre pase e marque o campo de xogo do inimigo. O que se logra con isto é transferir parte da tinta na bomba, dunha cara do papel á outra. É dicir, do teu campo de batalla ao do teu adversario.Se o fixemos ben e a nosa bomba toca unha das naves do adversario, afundímoslle a nave ou barco.

 

Se acerta a bomba, tes a vantaxe de que che volve a tocar, se fallas, tocáselle a quenda ao seguinte xogador e así xogaremos ata que un dos dous perda todas as súas naves. Seguro que moitos de nós lembramos este xogo. Ides gozar moitísimo.

 

2. CARREIRA DE BOLIS

 

Este é sen dúbida un dos meus preferidos e seguro que moitos o xogamos. A carreira de bolis é un xogo moi sinxelo pero á vez moi divertido, Sobre un papel en branco debuxaremos un circuíto cunha saída e un final, o ideal é que teña grandes curvas e algúns tramos rectos, pero o divertido son as curvas e sobre todo se son pechadas, podemos debuxar tramos mais estreitos ou mais anchos, pero as risas están aseguradas. Xogásese por quendas e como sempre o ideal é ter dúas bolis de diferente cor pero poderemos arreglarnoslas cun só boli ademas o bo é que podemos xogar todos os que queiramos.

Para xogar poremos o boli totalmente vertical e cun dedo sobre a parte superior do boli como vos mostramos na imaxe deixamos deslizar o boli, de tal maneira que debuxase un trazo sobre o papel, iso sera todo o que a percorrido o noso «bólido» na nosa quenda, pomos un punto sinalando onde chegamos para na seguinte quenda lanzar o noso boli desde ese punto , despois farán o mimos os demais xogadores. Se algún xogador sáese do circuíto ponse un punto xusto onde se salio para que empezo desde aí na seguinte quenda. Gañase o primeiro que chegue á meta.

 

3. OSO

Un xogo moi divertido e sinxelo de explicar, o ideal é xogalo nun papel con cuadriculas, aínda que se non temos un sempre podemos debuxalas nós. Normalmente é para dous xogadores aínda que se somos mais pódese xogar tamén. O obxectivo é formar a palabra ouso, para iso por quendas cada xogador porá na cuadricula unha S ou unha Ou indistintamente tentando que o contrario non consiga escribir a palabra ouso pero tentando escribila o. Quen forme unha palabra táchaa e pon a seguinte letra, así até completar a cuadricula. Gañase quen mais palabras completase. É ideal para este xogo tamén dúas cores de bolis, pero se non temos seguro que nos podemos arranxar.

 

 

 

  • Respira! RELAXACIÓN

Cando algo nos sae mal ou temos un conflito, vos músculos ténsanse sen darnos conta, isto fainos sentir incómodos e incómodas, conseguir baixar esa tensión cando estás nervioso/a ou enfadado/a sentiraste mellor.  Aquí ofrecémoste algunhas ideas:

 

 

 

 Domingo 29 de marzo

 

  • Móvete! CATAPULTA

     

Para xogar só precisaremos dúas bolsas para o lixo, unha caixa e varias bolas de plástico que non pesen moito (se non tedes en casa, podedes facelas co papel do xornal)

Para xogar será preciso que cada xogador conte cunha  bolsa de lixo chea de aire e unhas 10 bólas para lanzar. Unha vez conseguido, colocaremos a caixa no centro e cos xogadores colocados aos lados desta, xa estará todo listo para comezar.

Poderedes facer moitas variantes: dende modificar  o tamaño da caixa ou a distancia entre as bolsas e a caixa para que sexa máis complicado encestar.

Preparados para o partido? https://www.facebook.com/watch/?v=509831799708176

 

  • Crea! SMOTHIES

     

Para hoxe queremos propoñervos facer algo moi doce. Que vos parece se para merendar, preparamos Smothies para todos?

Ingredientes:

  • 2 vasos de leite
  • 2 iogures naturais ou de amorodos
  • 200 gramos de amorodos
  • Azucre (Opcional)
  • Xeo (Opcional)

Elaboración:

  1. Unha vez que quitamos a parte de arriba, lavamos ben os amorodos con auga baixo a billa.
  2. Xa limpos, botámolos no vaso da batidora, xunto co leite e os iogures, e trituramos ben.
  3. Unha vez feito, probar por se queredes engadir algo de azucre.
  4. Se queremos que o noso smothie quede ben frío, podemos engadir xeo picado a mestura.
  5. Para rematar servirémolo nun vaso e xa estamos listos para merendar!

 

Se queres facer smothies doutros sabores, aquí vos deixamos algunha receita máis: https://saposyprincesas.elmundo.es/recetas/bebidas/5-smoothies-sanos-para-toda-la-familia/

 

  • Respira! THE LOST THING

     

Xa case non nos acordamos de como era a nosa vida antes de pasar este gran desastre.

Hai unhas semanas, a nosa vida estaba marcada polo reloxo: todos os días realizabamos moitas actividades e moitas veces indo rápido e sen descanso dun sitio para outro.

 

The lost Thing é unha preciosa historia que é toda unha chamada de atención sobre o noso estilo de vida, sobre a maneira que temos de encerrarnos en nós mesmos e esquecernos do que sucede ao noso ao redor. Estamos tan ocupados coa nosa vida que moitas veces non vemos que ocorre á xente que nos rodea, os seus problemas, as súas dificultades…

 

Toda unha lección a que nos dá este mozo que recollendo tapóns de botella na praia  descobre unha criatura de aspecto estraño que parece estar perdida. Cando tenta saber a quen pertence, comeza o problema pois a ninguén máis lle interesa. Ninguén está disposto a axudar, ninguén está disposto a prestar atención a esa inesperada interrupción nas súas vidas.

 

Como acaba a historia? Moito mellor se a vedes:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Sábado 28 de marzo

 

  • Móvete! BAILES MAL

Non hai mellor forma de comezar o día que con un baile, e máis se é un baile feito con amor para que os/as máis pequenos da casa disfruten, porque bailar mal é moi importante.

Diby Sound:

 

Fareleiro:

 

 

  • Crea! MASA PARA MOLDEAR

Masa para moldear de fariña e sal.

Para a masa utilizaremos dúas proporcións de fariña e unha de sal segundo a cantidade que quixeramos facer. Por exemplo: dúas tazas de fariña, unha de sal, ou catro tazas de fariña e dúas de sal.

Mezclamos ben e iremos botando auga ata que quede unha masa ben maleable. Pódese meter na nevera media horiña para que quede máis dura e se moldee mejor.

Podedes ver en este vídeo como se fai:

 

Logo de facer as figuras, métense no forno uns minutos a 180 grados, e tras deixalo enfríar xa se pode pintar.

 

 

  • Respira! XOGO DAS EMOCIÓNS

Materiais: Reproductor de música (altavoz, speaker, similares...), cores e folios

Desenrolo: Repártense os folios e as cores entre os/as participantes, e contámoslles que imos poñer distintas cancións, e elas e eles deben de representar ou debuxar as sensacións que lles producen os sons. O ideal sería un debuxo ou representación por son; os sons teñen que ser de distinto estilo, tonalidade, ritmo, para que as sensacións sexan distintas. Ao rematar cada son/debuxo, podemos animar a que describan o debuxo e as sensacións producidas. É recomendable rematar cun son alegre.

Posibles sons:

 

 

 

 

Venres 27 de marzo

 

  • Móvete! IMPROVISA

 
A continuación ímosvos propoñer unha serie de personaxes. Ademais, imos propoñer diferentes situacións que serán as que teredes que interpretar. Tamén haberá unha lista de acentos cos que falar e outra lista de palabras que haberá que dicir.

  • O xogo consiste no seguinte: escribiremos os diferentes acentos en papeliños que dobraremos e meteremos nun recipiente. Faremos o mesmo coas palabras.
  • Cada un dos participantes escollerá unha personaxe. Tamén escolleremos unha situación.

 

Personaxes

Situacións

Princesa/Príncipe Alguén se colou no castelo
Rei/Raiña A princesa quere casar co vagabundo
Vagabundo/a É o aniversario do rei
Can falador A princesa suspendeu matemáticas
Soldado As personaxes van explorar novos
territorios montados a cabalo

 

  • As situacións pódense adaptar ás personaxes tanto en número como en xénero.
  • Os acentos que se porán no recipiente poden ser os seguintes: inglés, latino, andaluz, francés, italiano . Podedes engadir os que queirades.
  • No medio da representación, de vez en cando sacaremos un papeliño do recipiente das palabras. Teremos que integrar as palabras que saquemos na nosa interpretación. As palabras serán as seguintes:

cocodrilo, tarta de chocolate, dominó, coroa, cociñeiro, Dora a Exploradora, rotulador azul, película, espaguetis, ra, almofada, gafas, guitarra, teatro, presidente, madeira, correo electrónico, espello, mazá, festa, historia, cepillo de dentes, ornitorrinco, tocadiscos, Leo Messi .

 

  • Crea! MACETA

Hoxe queremos facer a nosa propia maceta reciclada na que poder xerminar unha planta.
O noso obxectivo é facer algo así:

 

 

 

Para o que precisaríamos unha botella de plástico, tapóns, e un rotulador permanente.
Outras opcións serían:

 

 

Para estas dúas opcións precisariamos ter óleo en tubos para pintar as botellas, ou pintura en spray. Non obstante, é recomendable que a botella non estea moi pintada xa que desta maneira á nosa pranta non lle dará tanto o sol.
Unha vez teñamos a nosa maceta preparada, pasaremos a plantar a nosa semente, para elo, precisaremos de lentellas ou fabas e de algodón. Poremos un anaco de algodón humedecido na maceta e meteremos as nosas sementes.
Cómpre que estean preto dunha fiestra para que lles dea o sol polo día. En cuestión dun par de días, a nosa planta comezará a dar raíz.
Pasada unha semana, a nosa planta xa estará lista para pasar a terra.
Podemos aproveitar estos días na casa para observar como a nosa planta vai medrando.
Aquí podemos ver un vídeo de como ten que ir medrando a planta:

 

 

  • Respira! Ioga

Hoxe querémosvos propoñer que vos relaxedes en familia tratando de facer as posturas de ioga propostas no seguinte vídeo.

 

 

 

 

Xoves 26 de marzo

 

  • Móvete! - XINCANA

Para comezar propoñémosvos unha actividade en movemento que se pode adaptar aos espazos de cada casa. Aquí vos deixamos un listado de posibles obstáculos adaptables á idade e un video onde podedes ver un exemplo de cada un deles:

  • Latas a gatas e volta facendo eses (“S”).
  • Saltar a ponte e pasar por debaixo dela (que será unha persoa adulta a que vaia facendo de ponte, facendo flexións).
  • Meter xoguetes cos pes na súa caixa.
  • Alternativa a saltar á comba,saltar o pao da escoba (outra persoa o movera de dereita a esquerda).
  • Encestar bolas de papel facéndolle un burato á tapa dunha caixa de zapatos, á que lle debuxaremos unha boca.
  • Tragabolas: cuns vasos de plástico intentar cazar o maior número de pelotiñas.
  • Nunha superficie inclinada deixar rodar seguido obxectos e intentar cazar cun cubo o máximo número deles.
  • Colocar unha cinta adhesiva (fixo) entre os marcos dunha porta e intentar pegar o máximo número de obxectos (cousas que non pesen moito, incluso papeis ou cartonciños) no menor tempo posible. A altura do fixo terá que ser o suficiente como para que haxa que dar un saltiño para chegarlle.
  • Pescar gomas do pelo nunha tina chea de auga cun pauciño (lápis, pincel, tenedor, etc.)
  • Mantear unha bola entre 2 persoas sen que caia, empregando unha toalla o unha saba.

Deixamos este enlace no que se poden ver as actividades e outras moitas máis: https://m.facebook.com/groups/294941288150004?view=permalink&id=295142368129896?sfnsn=scwspwa&d=w&vh=i&extid=HTaQiOWsFdoPU34y&d=w&vh=i

 

  • Crea! - ORGANIZADOR CON PINZAS

Collemos un anaco de cartón do tamaño que queiramos e lle damos forma redonda (cunhas tesoiras ou cuter, axudados dun plato como guía).

Cun lápis e regra dividimos o círculo en 8 partes como anacos de tarta (primeiro facendo unha cruz e logo un aspa). No medio (onde se cruzan as liñas) faremos un burato coa mesma chincheta que empregaremos para amarrar as frechas que indican:

  • O momento (mañá, mediodía, tarde, noitiña, noite) e a tarefa, podemos cambiar o contido do círculo ao gusto e necesidades de cada familia.
  • Día da semana actual
  • 2 ocos máis: na imaxe aparecen “ o día anterior” e a “ climatoloxía do día”; pero podemos deixar ese oco para outras cousas que queiramos engadir.

Nas pinzas irán escritas:

  • Tarefas cotiás (lavar os dentes, poñer a mesa, irse a durmir, tempo de xogo, comer, recoller, facer tarefas escolares, ler, merendar, etc.)
  • Os días de semana
  • Ou outras opcións

Para as frechas, poderemos empregar o material que teñamos a man (folio, cartolina, cartón, goma eva, etc.) dándolle forma.

Xa só nos queda decorar ao noso gusto cos materiais que dispoñamos (bolígrafos, rotuladores, acuarelas, ceras, pintura de dedo, etc.)

 

  • Respira! - O CONTO DA FIGUEIRA

Logo de activar o corpo e a mente, agora podedes descansar e escoitar este fermoso conto do Colectivo NOGA, “O conto da figueira” - Pelostortos (Pandemia de contos): https://www.youtube.com/watch?v=Mczeqbh64dQ

Podédelo comentar en familia.