Vistos os acontecementos e que a carentena seguirá ata despois da Semana Santa, decidimos desconvocar os encuentros pascuais previstos. Aínda con todo, lanzamos unha iniciativa que pode ser fermosa; trátase dunha iPascua, para vivir e celebrar desde casa. Están convidados mozos e mozas, familias e adultos, cada quen poderá participar ao seu nivel; e o que será máis enriquecedor: recuperar a “Igrexa doméstica” como primeira comunidade.

 

Datas
Os encontros de Pascua se celebran entre o Xoves Santo e o Domingo de Resurrección. Este ano, entre os días 9 e 12 de abril.

 

O modo de participar
O modo de participación terá dúas modalidades: personalmente ou como familia. E para elo, contaremos cun triple menú:
• Un está pensado para nenos e as súas familias.
• Outro para mozos emozas entre os 16-19 anos.
• Outro para mozos e mozas de máis de 20 anos, e adultos.
Como veredes, haberá unha proposta de reflexión-oración-celebración diaria. Non se trata de facer moitas cousas; senon de vivir estes días con ledicia e esperanza. Do que ofrecemos, fai o que che resulte mellor; nin pouco nin moito... o que vexas oportuno, e sexa necesario para ti.

 

A proposta diaria
Aínda que o ritmo o marcarás ti; distribuimos o menú nun ritmo de mañá e de tarde, para que sexa fácil facelo sen fatiga e con orde. Cada quen, poderá seguilo desde un PC, tablet o móbil.


As cousas que atoparás diariamente son:
1. Unha presentación en vídeo do día. Nela atopará as claves para vivir e celebralo.
2. O momento de oración pola mañá a través dun breve texto, unha canción ou unha imaxe.
3. Unha reflexión diaria e a súa concreción para a nosa vida de crentes. Para os nenos, esta reflexión, cambiarase por unha actividade creativa para realizar en familia.
4. Un tempo de tranquilidade para orar e pechar a mañá. Neste momento proporémosche un xesto-acción que poderás levar a cabo ao longo da xornada.
5. Un tempo de grupos on-line, para os que desexen compartir con outros a súa reflexión e as súas preguntas. Este tempo estará moderado por un animador para cada grupo de 10 persoas.
6. A celebración será o momento culmen do día, en que sintamos en comuñón entre nós e con toda a Igrexa.
7. "En intimidade" será o tempo final de cada xornada. Talvez, a noite sexa o momento para a confidencia, a súplica e o agradecemento a Deus polo día que nos acaba de conceder e polo tempo de graza que nos ofrece.
8. "O Muro" será un espazo virtual onde quen queira poderá escribir unha breve reflexión ou compartir a súa oración. Será bonito orar con tantos bos sentimentos e pensamentos de todos nós.


Inscricións
A fin de organizarnos, pedímosvos que vos rexistredes no seguinte formulario para poder atendervos mellor e ter unha canle aberta de comunicación permanente. Aquí tedes o link para facelo:


https://forms.gle/xXnWqa7Co6wJVeSN6


Mais info

https://sites.google.com/salesianos.es/ipascua2020