A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia - Xacobeo 2021, presenta un proxecto para escolares no que realizaremos o Camiño de Santiago xuntos. Será unha forma de presentar o Camiño dun xeito lúdico e saudable, realizando actividades para compartir e profundizar na experiencia que supón realizar O CAMIÑO

A primeira edición deste proxecto será do 22 ao 25 de novembro. Se estás interesado en participar ponte en contacto con nós.

 

Obxectivos da actividade

 

  • Dar a coñecer o Camiño de Santiago entre os colectivos máis descoñecedores do mesmo
  • Promocionar a cultura galega
  • Destacar a riqueza que ten o Camiño a nivel cultural, natural e humana.
  • Convivir coa natureza, destacando o noso patrimonio natural
  • Compartir experiencias vividas ao través da realización do Camiño