Contaxia Experiencia, un proxecto innovador desenvolvido no fermoso concello de Allariz, reuniu a 14 voluntarios de diferentes idades para compartir coñecementos e experiencias valiosas. Centrándose na promoción de oportunidades vitais e profesionais no medio rural, o proxecto buscou difundir a rica herdanza cultural e fomentar a participación activa na comunidade.

Cada parella de voluntarios mergullouse en actividades formativas únicas, desde a agricultura sustentable ata a música tradicional galega, contribuíndo a obxectivos xerais como a mellora da autoestima e a creación de lazos interxeracionais. No corazón do proxecto estaba a idea de construír pontes entre xeracións, conectando a sabedoría dos maiores coa enerxía e creatividade da mocidade.

Os resultados foron notables: desde unha maior conciencia das oportunidades rurais ata a consolidación de habilidades prácticas en áreas como a costura, a viticultura, a música e a herboristería. Ademais, a visibilidade do proxecto estendeuse na comunidade de Allariz, demostrando que a colaboración interxeracional é clave para fortalecer os lazos comunitarios e enriquecer a vida de todos os involucrados.

Este proxecto non só ofreceu oportunidades formativas, senón que tamén proporcionou un espazo para a conexión humana e a valoración da diversidade de talentos e experiencias na comunidade. Contaxia Experiencia é un testemuño do poder transformador da colaboración interxeracional e do impacto positivo que pode ter na vida rural.

 

 

Este proxecto se pode realizar grazas ás axudas publicadas pola Consellería de Política social e xuventude da Xunta de Galicia dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023  

 

A Federación Don Bosco estivo a participar no III Congreso da Mo_Cidade que se celebrou en A Coruña entre os dias 23 e 26 de marzo. 

Este congreso tivo a participación da mocidade dende diferentes partes de Galicia, o seu obxetivo foi o de promover a reflexión sobre temas de interese común. 

Durante o congreso desenvolvéronse actividades como obradoiros, charlas e mesas redondas, onde os mozos puideron intercambiar experiencias e opinións. Ademais, ofrecéronse diversas propostas de lecer e entretemento para os asistentes.

A terceira edición do Congreso da Xuventude foí un éxito rotundo, e demostrou o compromiso da Xunta de Galicia por ofrecer á mocidade un espazo de diálogo e aprendizaxe.

 

      

 

Comezamos un novo e ilusionante proxecto na vila de Allariz: Contaxia experiencia!

 

Este proxecto ten como obxectivos 

  1. Dar a coñecer á xente moza as oportunidades vitais e profesionais que se poden desenrolar no medio rural mediante a transmisión de coñecementos e experiencias por parte das persoas maiores.
  2. Axudar á mellora do aumento da taxa de poboación dentro do área de influencia do concello de Allariz
  3. Contaxiar un papel activo en peroas maiores de 55 anos e menores de 35.
  4. Interelacionarse os voluntarios entre eles e con outros colectivos doutras idades aportando o que viven.
  5. Aumentar a propia autoestima no desenvolvemento de proxectos vinculados ao benestar da comunidade en xeral.

Para elo, un total de 14 persoas voluntarias, en parellas de un menor de 35 anos e un maior de 55 anos intercambiarán experiencias sobre algún centro de interese común. 

Este proxecto se pode realizar grazas ás axudas publicadas pola Consellería de Política social e xuventude da Xunta de Galicia dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023  

 

 

O realizaremos na vila de Allariz, tomando como base o Albergue Allariz, sito na estrada de Xunqueira número 7. Está previsto que a xente maior da vila ensine á xente moza todo o que saben sobre: cociña, costura, música, viticultura, xardinería,....

 

Achégate a Allatriz a coñecer o proxecto!

 

Dende fai case dous anos, a Federación Don Bosco xestiona o albergue de Allariz. Co fin de seguir mellorando a experiencia dos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago pola variante do camiño Senabrés, extensión da Via da Prata pola vila, vanse levar a cabo unha serie de melloras.

Nesta nova etapa, vaise adaptar a antiga casa salesiana para transformala nun albergue turístico, ampliando asi a oferta en 19 prazas, con isto esperase mellorar a estancia tanto no albergue como en Allariz

      

 

A Federación Don Bosco, dende hai pouco mais dun ano, está a xestionar o Albergue de Allariz. Entre os proxectos levados a cabo neste espazo, nos fai especial ilusión o proxecto de Mellora de acompañamento e hospitalidade de peregrinos no albergue de Allariz, que é posible grazas á colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta de Galicia.

 

Este proxecto baséase na realización dunha serie de actividades relacionadas coa boa atención e hospitalidade a peregrinos que realizan o Camiño de Santiago pola variante do Camiño sanabrés, extensión da ruta Via da Prata, na vila de Allariz. Se plantexan varias accións que poden englobarse en dúas:

 

  • Mellora das instalacións para unha maior comodidade dos peregrinos
  • Mellora da experiencia e acompañamento de peregrinos

 

Agardamos que este proxecto axude a promocionar o noso Camiño pola Vía da Prata, e a preciosa vila de Allariz.