28 Ads dos C.X. Abeiro e Ateibo tiveron o pasado fin de semana unha convivencia na Coruña.

Os anfitrións, de Abeiro, recibiron aos visitantes, de Ateibo, na estación de tren na mañá do sábado 20. Desde alí encamiñáronse ao centro cunha 'Misión Imposible' para coñecer a cidade e facerse notar. De feito, roubaron protagonismo aos afeccionados dos equipos que aínda estaban en liza na Copa do Rei de Baloncesto.

Ler máis...

O domingo 14 de febreiro celebrouse un encontro do Consello Permanente da Federación de Centros Xuvenís de Galicia, no centro Don Bosco de Santiago.

A este encontro asistiron representantes dos 5 centros xuvenís que conforman a Federación, repartidos nas principais cidades de Galicia. Tamén participou Santi Dominguez como coordinador inspectorial.

Ler máis...

O pasado sábado 16 Lugo acolleu o encontro dos grupos xuvenís de Galicia.

Ateibo acolleu a 66 adolescentes y 11 animadores dos nosos centros xuvenís de Abeiro e Abertal.

Ler máis...