O domingo 14 de febreiro celebrouse un encontro do Consello Permanente da Federación de Centros Xuvenís de Galicia, no centro Don Bosco de Santiago.

A este encontro asistiron representantes dos 5 centros xuvenís que conforman a Federación, repartidos nas principais cidades de Galicia. Tamén participou Santi Dominguez como coordinador inspectorial.


O motivo do devandito encontro foi facer seguimento dos obxectivos bianuais propostos, e potenciar aqueles que se vían máis necesarios. Os obxectivos, basicamente están repartidos en 5 grandes áreas: CJ sustentable, Entidade cristiá con estilo salesiano, Participación activa na Federación, Opción preferente pola mocidade e infancia, e Visualización da Federación. Tamén foi momento de falar de números, decidindo facer un seminario sobre novas vías de financiamento para desenvolver as actividades locais.

Decidiuse a oferta de actividades, complementarias ás actividades locais, comúns a todos os centros xuvenís de Galicia (cursos de formación para animadores, desenvolvemento de recursos para os centros xuvenís, campañas solidarias, concurso de fotografía, campamentos de verán, ...), e comúns aos centros xuvenís da Inspectoría (encontro co Reitor Maior, Pascuas, apoio técnico,...)

A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia conta, actualmente con preto de 500 voluntarios e 3.400 destinatarios entre nenos, mozos e familias.