Federación Don Bosco

Fotos da Xuntanza Andaina e Preandaina

Martes, 09 de Marzo do 2010

O sábado 6 de marzo máis de 100 persoas entre nenos e animadores (84 nenos, 63 andainas e 21 pre-andainas) xuntámonos para a tradicional "Xuntanza Andaina".

Este ano por ser ano Santo Xacobeo decidimos xuntarnos en Santiago de Compostela e ademais contamos coa presenza dos pre-andaina (Buxaina e Cativos) de Ourense e Vigo. É a primeira vez que fan un encontro destas características e decidimos facelo todos xuntos.

Sobre as 11.15 horas estabamos todos no Monte do Gozo, no monumento a Xoán Paulo II, que peregrinou dúas veces á cidade do apóstolo. Despois da acollida, con algunha canción e uns xogos para coñecernos un pouco, formamos os grupos e comezamos o noso camiño até a catedral.

Cando chegamos á zona vella separámonos por grupos e fixemos un breve rastrexo fotográfico pola zona vella concluíndo na Porta Santa pola que entramos todos os grupos. Durante leste rastrexo algún grupo atopouse co arcebispo de Santiago e fíxose unha foto con el para o recordo. Unha vez que todo estivemos na catedral tivemos a sorte de ver o botafumeiro e algúns mesmo puideron dar o famoso ?abrazo ao santo?.

Despois disto comemos na parte superior do parking de Xoán XXIII para non ter que camiñar moito máis antes de repor forzas. Unha vez que xa collemos novas enerxías fómonos ao parque da Alameda para facer uns xogos relacionados con distintos pobos ou cidades polos que pasa o camiño de Santiago.

Concluímos a xornada co tempo de amigos na praza do Obradoiro e despedíndonos dos que foron os nosos compañeiros de camiño por un día.

Foi un día de moita sorte: non choveu, vimos o botafumeiro? no que o pasamos xenial, aínda que nos cansamos un pouco, pero mereceu a pena! Agora só nos queda seguir camiñando xuntos, aínda que cada un no seu centro de orixe, até atoparnos de novo no campamento do verán.

Seg. >

AmencerAbertalAbeiroAteiboDon Bosco