Federación Don Bosco

Xuntanza Andaina e preandaina

Xoves, 25 de Febreiro do 2010

ImageO vindeiro 6 de marzo celebrase conxuntamente as Xuntanzas de Andaina e preandaina (Cativos, Buxaina,...) en Santiago de Compostela. Faremos una anaco do camiño de Santiago e gozaremos da compaña doutros centros xuvenís de toda Galicia. Preme en "ler máis" para máis información.

 

A Xuntanza de Andaina, como é Ano Santo Xacobeo, queremos celebralo todos xuntos en Santiago de Compostela, para poder facer un trozo do camiño e para coñecer un pouco máis a cidade de Santiago. Coa Xuntanza pretendemos que os nenos e nenas dos diferentes lugares se coñezan de cara ao Campamento de Verán, que será do 15 ao 23 de xullo, e descubran que hai máis nenos e nenas que están facendo o mesmo camiño en diferentes cidades.


A de Cativos/Buxaina será a primeira xuntanza que realicemos. Iremos a Santiago para pasar alí o día con rapaces de Ourense e A Coruña. Non se fará un trozo do Camiño de Santiago, pero aproveitaremos a viaxe de Bus dos dous grupos xuntos.


Como noutras ocasións animámosvos a que convidedes aos vosos fillos/as a participar nesta actividade e que calquera dúbida ou cuestión que creades oportuno clarexar , o comuniquedes no voso centro xuvenil.

 

< Ant.   Seg. >

AmencerAbertalAbeiroAteiboDon Bosco