Federación Don Bosco

II Concurso de spots publicitarios

Mércores, 10 de Febreiro do 2010

ImageA Confederación de Centros Xuvenís Don Bosco (entidade da que somos membros), dentro da súa proposta de educación para a saúde, convoca o II Concurso de creación de Spots publicitarios para a sensibilización e prevención do consumo de drogas en moz@s de 14 a 18 anos. Demostra a túa creatividade e participa.

Coa lema "Protagonízate" a Confederación Don Bosco pretende dar a coñecer o traballo de novos talentos que, a través dun medio tan creativo como o publicitario, queiran colaborar e participar en tarefas de sensibilización e prevención en materia de drogodependencias, especialmente da cocaína, o alcol e o cánnabis.

Mª Anxos Martínez Moura, Presidenta da Confederación Don Bosco engade: "Tras o éxito da primeira edición de Concurso Protagonízate, queremos proporcionar á poboación xuvenil información sobre os riscos asociados ao uso de drogas en espazos recreativos. Queremos xerar un espazo de participación entre os propios novos cunha linguaxe tan directa como o publicitario."

Premio

O premio consistirá nunha cámara de vídeo para o grupo gañador, 5 Ipod para os membros do grupo e unha viaxe con visita guiada aos estudos cinematográficos na Cidade da Luz de Alacante. Ademais a lema que represente ao Anuncio seleccionado será utilizado na próxima campaña de prevención da Confederación Don Bosco. O anuncio gañador será editado nun DVD xunto con aqueles que, polas súas características sexan tamén seleccionados polo xurado. Ao anuncio publicitario gañador acompañaráselle dun material didáctico para traballar a prevención do consumo de drogas.

 

Prazo de entrega dos spots

Ate o 17 de maio de 2010

Bases do concurso

Podes ver as características do concurso premendo nesta ligazón.

Ligazóns

Ficha de inscrición

Enderezos de envío. Para Galicia, o enderezo é o da nosa Federación.

Web do concurso

< Ant.   Seg. >

AmencerAbertalAbeiroAteiboDon Bosco