Quen somos

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia
- É unha entidade prestadora de servizos á mocidade, nacida en 1993. Abarca uns 450 voluntarios e voluntarias e 4.000 destinatarias e destinatarios directos entre nenos e nenas e mozos e mozas.
- Contamos con 11 profesionais técnicos traballando no total dos centros xuvenís de Galiza.
Áreas de traballo
- Educación non formal.
- Animación sociocultural.
- Tempo libre.
A prol do desenvolvemento integral da infancia e da mocidade galega
Membros da Federación
- Abeiro da Coruña
- Abertal de Vigo
- Amencer de Ourense
- Ateibo de Lugo
- Don Bosco de Santiago de Compostela
Outras actuacións
A Federación, ademais dos seus propios proxectos, apoia directamente o traballo dos centros xuvenís salesianos e as súas actividades desde a confluencia de intereses e finalidades expresadas nestas características:
- Os centros xuvenís, como unha proposta educativa e de valores:
- Paz, convivencia, respecto, solidariedade, cooperación, altruísmo.
- Desde o protagonismo xuvenil: Autoxestión, promoción, participación, democracia.
- Os centros xuvenís, un espazo para:
- Un lecer educativo infantil.
- A promoción xuvenil.
- Un lecer alternativo e saudable.
- Un espazo de voluntariado.
- Opción por Galiza.
- A Federación, plataforma de traballo en rede e integrada en plataformas estatais, xa que pertence á Confederación de Federacións Don Bosco de España.
Futuro
- Profesionalización do sector.
- Programas de promoción do emprego xuvenil.
- Acadar un maior protagonismo xuvenil na xestión e toma de decisións.
- A promoción do voluntariado nas súas diferentes facetas: campañas de captación, propostas europeas de voluntariado, voluntariado de cooperación...









