Galería de Fotos
Fotos da Xuntanza Andaina e Preandaina
O sábado 6 de marzo máis de 100 persoas entre nenos e animadores (84 nenos, 63 andainas e 21 pre-andainas) xuntámonos para a tradicional "Xuntanza Andaina".
Campamento ADS 2009
Aqui temos as fotos do VIII Congreso ADS, celebrado no "Hotel 5 estrellas y una luna". O campamento foi en Cambados do 15 ao 26 de xullo e estivo cheo de actividades e bos mometos. Se queres ter estas e moitas máis fotos, pídeas no teu centro xuvenil.
Se participaches no campamento e queres recibir máis información deste campamento e demáis cousas de ADS, envía un correo a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver co teu nome e apelidos, lugar de orixe e correo electrónico. Porémonos en contacto contigo para enviarche algunhas cousiñas do campamento.
Asemblea Confederación
A fin de semana do 14-15 de marzo celebrouse en Toledo a Asemblea da Confederación de Centros Xuvenís Don Bosco de España. Esta entidade aglutina á maioría dos Centros Xuvenís de ámbito salesiano existentes no estado, representados mediante Federacións de CCXX , como a nosa.
Os temas centrais tratados nesta Asemblea foron a aprobación do balance de xestión e económico do exercicio pasado, a presentación dun plan de actividades para este ano, co correspondente presuposto e, a destacar, dicir que xa se rematou o Plan estratéxico que guíe á Confederación durante os próximos dous anos. Tamén se está en proceso de búsqueda dun novo Consello que dirixa a entidade, xa que de seguida remata o Consello anterior. Se alguén se anima....
Dende a nosa Federación asistiron tres persoas que, xunto cos nosos compañeiros da Federación de Castela e León, desfrutaron dunha fin de semana de traballo e lecer (aínda que as fotos aqui expostas tan sólo sexan de momentos de ocio, tamén se traballou e debatiu a reo).
Como primicia informamos que do 5 ao 8 de decembro celebrarase o "XVI Congreso estatal de Centros Xuvenís. Con denominación de orixe" . Un evento de grande interés para todos os que traballamos nun centro xuvenil salesiano. Se estás interesado en participar, pregunta no teu Centro. Será en Barcelona, no complexo Martí Codolar.
Foros da Federación en Vigo
O sábado 7 de marzo celebramos en Vigo a xornada de Foros da Federación. Xuntámonos 35 persoas interesadas en aprender e compartir sobre diferentes temas.
Así festexamos o Entroido nos nosos centros
O Entroido é unha das festas galegas por excelencia, e por iso o celebramos en todos os nosos centros xuvenís de Galicia. Cada quen ao seu xeito pero, básicamente, pasando un bo momento mentres nos disfrazamos. A continuación podes ver o que se fixo en cada centro...









